Inés Rey pide evitar as aglomeracións no 8-M

A alcaldesa coruñesa considera que existen outras alternativas para reivindicarmos os dereitos das mulleres que non sexan grandes concentracións nas rúas

A alcaldesa, Inés Rey, pídelle á veciñanza a máxima prudencia ante as manifestacións convocadas o próximo 8 de marzo pola celebración do Día Internacional da Muller.

“Estamos a vivir un momento moi delicado marcado pola pandemia en que é conveniente extremar as precaucións e cumprir escrupulosamente as recomendacións das autoridades sanitarias para evitar que se volva producir unha onda de contaxios como a que vivimos o pasado mes”, sinalou.

A alcaldesa, seguindo a mensaxe e as recomendacións da ministra de Sanidade, máxima autoridade sanitaria no país, destacou que existen formas diferentes de celebrar o 8 de marzo e, por iso, apela á responsabilidade ante a situación epidemiolóxica actual.

Doutra banda, a alcaldesa lamentou as denuncias interpostas esta fin de semana por algúns incumprimentos nas capacidades das terrazas: “Sempre hai que lamentar as denuncias ao longo de todas as desescaladas, porque implican que non se están respectando as normas que impoñen as autoridades sanitarias; normas de obrigado cumprimento co obxectivo de que non se propague o virus e de que se freen os contaxios”.

E apuntou que a Policía Local levou a cabo o seu labor de control como todos os días das capacidades das terrazas, de que non estivesen xuntos máis de catro persoas non conviventes, e das distancias de seguridade para facermos unha desescalada segura.

Como noutras ocasións, a rexedora pediulle á veciñanza sentido común e que respecte as normas para frear o virus

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.