Laura Lamontagne, Pauliña e Branca Villares porán música ás reivindicacións do 8M

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo volve apostar pola programación cultural para visibilizar as reivindicacións feministas do 8M. Laura Lamontagne & Pico Amperio, Pauliña e  Branca Villares, con Proxecto Consoante, actuarán o venres 5 de marzo ás 19.15 horas no Gustavo Freire de Lugo. As entradas, de balde, poderán reservarse desde o xoves 4 na plataforma entradaslugo.es ou na billeteira do auditorio desde unha hora e media antes do inicio do concerto.

“Recuperamos a música ao vivo, con todas as garantías sanitarias, coa capacidade do recinto  limitada en función das medidas de prevención fronte á Covid19 e unha distancia interpersoal de 1,5 metros. Ademais, como se ven facendo en todas as actividades culturais que se organizan desde o inicio da pandemia, as persoas asistentes terán que proporcionar os seus datos de contacto ao reservar a entrada”, explicou a vicepresidenta, Maite Ferreiro.

Pauliña coa banda

En relación coas artistas, Maite Ferreiro subliñou que se “trata de tres propostas de estilos musicais diferentes pero todas elas lideradas por mulleres, que coinciden nun discurso social comprometido coa igualdade, que cremos que conecta moi ben co carácter reivindicativo do 8M. Estamos convencidas de que a cultura ten un papel importante na creación dunha conciencia colectiva que permita desentrañar as desigualdades que xenera o patriarcado e superalas ”, concluíu.

Laura LaMontagne

Retransmisión en directo e difusión en liña ata o 14 de marzo

 O concerto retransmitirase en directo a través da canle de Youtube da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A súa difusión en liña prolongarase ata o 14 de marzo para facilitar  o seu visionado ao maior número de persoas.

Branca Villares

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.