Mellorada a estética da praza de Santo Domingo de Lugo dentro da peonalización de Quiroga Ballesteros

Alexandre Penas: «O treito peonalizado ampliarase á actual estrada de Santo Domingo, entre Quiroga Ballesteros e a saída do aparcadoiro subterráneo»

O concelleiro de  Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou que desde a área de Infraestruturas se vén de modificar o proxecto de peonalización da rúa Quiroga Ballesteros, ampliando a zona de actuación ao primeiro treito da praza de Santo Domingo. Alexandre Penas explicou que «con esta medida melloramos a estética do primeiro treito de Santo Domingo, dando continuidade ao resto da actuación».

A ampliación consistirá en aumentar o terreo a pavimentar, intervíndose no treito de dobre curva que se atopa pegado á saída do aparcadoiro soterrado de Santo Domingo. Alexandre Penas explicou que «con esta ampliación gañaremos uns 120 metros cadrados de espazo humanizado, sen supoñer un custo a maiores no prezo final da actuación».

Alexandre Penas afirmou que «malia que este treito non estaba contemplado no proxecto, unha vez recibimos o visto bo por tomamos esta decisión», e destacou «o bo ritmo ao que avanza a actuación, que permitirá gañar un espazo peonil moi importante no centro de Lugo».

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.