O BNG fai que o Concello de Culleredo reclame a revisión da autorización da gasolineira de Ledoño a Augas de Galicia

O PP votou en contra escudándose en que as alegacións veciñais foron rexeitadas. O PSOE só aceptou a proposta previa emenda para que a petición fora condicional

O Concello de Culleredo reclamará ante Augas de Galicia a revisión da autorización para a construción dunha gasolineira a carón do río Valiñas, en Ledoño, como consecuencia dunha proposta do BNG, na que ademais se pon de manifesto o valor ambiental da zona e os riscos de contaminación.

“Tanto PP coma PSOE se aliñaron co argumento de que as alegacións veciñais foran rexeitadas e tentaron dar carpetazo e silenciar a cuestión, tratando de evitar o debate. Pero Tono Chouciño, voceiro do BNG, valeuse de documentos oficiais, como a Lei do Solo de Galicia, para protexer as ribeiras fluviais, ou o propio proxecto de PXOM de Culleredo, no que se indica a zona de especial protección precisamente nesas parcelas” aseguran dende a formación.

Tendo en conta iso, o PSOE de Culleredo propuxo a emenda de condicionar a licenza municipal ao que responda Augas de Galicia. O BNG aceptou a achega e a votación final situou a todas as forzas a favor, agás o PP, que se enrocou no non.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *