O Calvo Xiria gaña grazas a unha moi boa segunda metade

Nunha primeira parte moi igualada, o Calvo Xiria, rompía o partido a través da defensa 6:0, ben acompañada por Antonio Mato en portería; que deixaron un parcial de 15 a 7 nos seguintes 30 minutos, onde tivo ocasións para que o marcador fose máis amplo

No inicio de partido, os sistemas defensivos deixaban espazos, dentro de 9 metros; permitindo aos pivotes anotar goles e ser protagonistas. A mellor efectividade no lanzamento; dáballe ao Xiria pequenas vantaxes.

Co paso dos minutos e co Xiria tratando de atopar a mellor maneira de frear o xogo 2×2 dos visitantes, as exclusións lastraban o xogo local, e o Carnes DoRibeiro chegaba a empatar o choque. Un arreón final, daba de novo vantaxe ao Xiria; pero a falta de 2 segundos unha falta propiciou as exclusión de Juanka e Xurxo Pérez, marcaba de forma directa e co tempo cumprido, o que nos daba o 15 a 14 co que chegabamos ao descanso.

Na continuación; o Xiria empezaba defendendo en inferioridade; pero o cambio de actitude do equipo, e uns axustes na defensa 5:0 e 6:0, daban ao traste cos ataques ourensáns. Parcial de 4 a 0, que despois dunha serie de exclusións visitantes, alongaríase en dous goles máis.

Parecía que o partido estaba roto; pero o carácter competitivo de Carnes Doribeiro, recortaba a diferenza a 3 goles. Aínda que o Calvo Xiria; xa co mono de traballo posto, sobre o 40×20; non daba respiro e dous balóns cortados de forma consecutiva rompían o partido definitivamente. Os minutos finais serviron para alongar o marcador un pouco máis (30-21).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.