O Concello de Samos contará cunha nova báscula para o Punto Limpo

O Presidente da Deputación de Lugo asinou un convenio de colaboración co Alcalde do municipio para mercar esta máquina, que dá servizo a unha poboación de máis de 1.200 persoas e que é imprescindible para a homologación da instalación

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración co Alcalde de Samos, Julio Gallego Moure, co obxectivo de adquirir unha nova báscula para o punto limpo da localidade cun investimento de preto de 2.000€.

Esta nova peza de equipamento era moi necesaria, segundo o rexedor, porque vén a suplir unha carencia que existía actualmente no municipio. A báscula ten capacidade para pesar con precisión residuos entre os 1.000 e os 2.000 quilogramos resulta imprescindible para poder homologar esta instalación, que dá servizo a unha poboación de máis de 1.200 persoas e que supón un gasto importante para o municipio.

Este sistema para pesar é un equipo para o control dos residuos que chegan ao punto limpo de Samos, situado a dous quilómetros do núcleo urbano, en dirección a Lóuzara, no lugar de Negredo.

O convenio de colaboración con Samos enmárcase no compromiso da Deputación de Lugo de colaborar cos concellos da provincia para que poidan prestar máis e mellores servizos públicos aos seus veciños e veciñas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.