O PP esixe ao Goberno socialista a rectificación da inxustificada pretensión de eliminar as variantes ferroviarias da liña Ourense-Lugo

Os representantes populares confirmaron que solicitaron a comparecencia no Congreso do ministro de Transportes, José Luis Ábalos, e da presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, para que expliquen as verdadeiras intencións do Goberno con respecto a estas dúas variantes, “sobre as que só obtivemos respostas evasivas e sen concreción, provocando unha dúbida moi razoable sobre a intención do Executivo de abandonar ou aprazar sen data definida a súa execución”, criticou o deputado Celso Delgado

O ministro de Transportes e a presidenta de Adif “desprezan unha redución da viaxe entre Ourense e Lugo de 23 minutos, que rebaixaría o percorrido total a unha hora e permitiría que os lucenses viaxaran a Madrid en 3 horas y 20 minutos”

Os deputados lembran que durante a etapa de Goberno do PP impulsouse a modernización desta conexión con decisións concretas, e que Pardo de Vera faltou a verdade cando afirmaba que á súa chegada ao Adif non había nada respecto desta liña ferroviaria, “un disparate en tanto que ocupou postos de responsabilidade, entre eles a Dirección Xeral de Explotación e Construción”

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA.

  • Sobre a traxectoria da presidenta de ADIF e as súas afirmacións de que “cando cheguei a Adif non había nada respecto a Lugo-Ourense, nin un diagnóstico da rede, non sabiamos nin canto median os túneles”
  • Pardo de Vera, ingresou en Adif no ano 2007. Ata 2015 desempeñou postos sucesivos de Dirección de Obra e Xefe de Infraestrutura e Xerente de Área na construción da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia.
  • En xuño de 2016 reincorporouse ao ente ferroviario compatibilizando o cargo de directora xeral de Explotación e Construción de Adif co de directora xeral de Adif Alta Velocidade, cargos que desempeñou ata que en xuño de 2018 foi nomeada presidenta de Adif.
  • Antes de que ela entrase en Adif, o Ministerio de Fomento licitou o 15/12/2000 un estudo informativo dunha liña de Alta velocidade “Ourense–Monforte-Lugo” O 19/05/2001 foi adxudicado a INECO, saíu o 30/01/2003 a Información pública. E o 26/01/2009 -estando a Sra. Pardo de Vera en Adif- saíu publicada no BOE a resolución do 22 de decembro de 2008, da Secretaría de Estado de Cambio Climático emitindo a DIA do proxecto «Nova liña de alta velocidade Ourense-Monforte-Lugo»

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2009-1300

  • O trazado Ourense-Monforte-Lugo sobre o que se formulou a Declaración de Impacto Ambiental, solicitada en outubro do ano 2003, tiña unha lonxitude aproximada de 104 quilómetros, todo en vía única. Despois desa actuación o Ministerio de Fomento decidiu redactar un novo estudo informativo que encargou a INECO o 5 de xaneiro de 2010, modificando o trazado para adecuar esta liña á alta velocidade ferroviaria, con dobre vía electrificada en todo o seu percorrido e apta para permitir tráfico mixto de viaxeiros e mercadorías. E unha vez elaborado someteuse a información pública, o estudo informativo do tramo Ourense–Monforte de Lemos da Liña de Alta Velocidade en Galicia, segundo publicou o BOE do 15 de novembro de 2011.

https://www.mitma.gob.es/recursos_mfom/11111501.pdf

  • Nesas datas Pardo de Vera estaba en ADIF e por tanto era coñecedora de todo o que acabamos de expoñer.
  • Sendo Isabel Pardo de Vera Directora Xeral de Explotación e Construción de Adif xa se adoptaron, entre outras estas actuacións:

19/09/2017.  Adif adxudicou, por importe de 1.959.146 euros (IVE incluído), a asistencia técnica para a realización dos estudos e proxectos construtivos necesarios para a electrificación do tramo Monforte de Lemos-Lugo da liña convencional Ourense-Lugo.

http://prensa.adif.es/ade/u08/GAP/Prensa.nsf/Vo000A/76C01B64D174B40FC12581A100274695?Opendocument

02/01/2018. Adif licitou por importe de 2.845.530,1 euros (IVA incluído) a redacción dos proxectos de supresión de 36 pasos a nivel na liña de ancho convencional Ourense-Monforte-Lugo.

http://prensa.adif.es/ade/u08/GAP/Prensa.nsf/Vo000A/CFE950A45F3BE6FCC1258209004F6D11?Opendocument

24/05/2018. Foi firmada por Adif a “Asistencia Técnica para a redacción dos proxectos de tratamento de elementos da infraestrutura (Pontes, Túneles e Explanacións), no traxecto non afectado pola variante de Pobra de San Xiao entre Ourense-Monforte-Lugo”, encargo Nº: 3.18/27507.0013, encargo contra o acordo de colaboración Adif-Ineco Nº: 4.16/03110.0020.

  • Tras a moción de censura ao goberno popular en xuño 2018, o goberno socialista nomeou presidenta de Adif a Pardo de Vera.

Iniciativas desenvolvidas polos deputados do PP no Congreso sobre a liña Ourense-Lugo na XIV Lexislatura.

  • 30 de maio de 2019. Pregunta ao Goberno sobre que previsión tiña ADIF para concluír a redacción do proxecto de renovación total do tramo ferroviario Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, incluíndo a parte das variantes inicialmente previstas dos Peares-Canabal e Rubián.

O 11 de xullo de 2019 o Goberno responde: «En relación co asunto interesado, sinálase que os proxectos de adecuación e mellora da vía correspondente ao tramo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo atópanse actualmente en redacción, cunha previsión de aprobación destes no verán de 2019. As posibles variantes atópanse en fase de estudo informativo”.

  • 12 de decembro de 2019. Pregunta ao ADIF para saber se xa estaba concluída a redacción do estudo informativo das variantes.

O 6 de febreiro de 2020 o Goberno responde: “Como resposta á pregunta formulada polas súas señorías, infórmase que o actual Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana conta cos seguintes estudos informativos redactados:

  • Variante ferroviaria Os Peares-Canabal (tramo Ourense-Monforte de Lemos da liña Monforte de Lemos-Vigo). Trátase dunha variante en vía única de 12 Qm aproximadamente, que permite un aforro de tempo máximo de 11 minutos e require un investimento na contorna de 530 millóns de euros.
  • Variante ferroviaria de Rubián (tramo Monforte de Lemos-Lugo da liña León-A Coruña). Trátase dunha variante en vía única de 19 Qm aproximadamente, que permite un aforro de tempo máximo de 12 minutos e require un investimento na contorna dos 440 millóns de euros”.
  • 11 de decembro de 2020. Formúlanse catro preguntas sobre estas variantes, interesándonos polo momento administrativo no que se atopan e sobre as datas que manexa Adif para a súa licitación.
  • O 10 de febreiro de 2021, o Goberno responde de forma conxunta ás catro preguntas dicindo: “En relación co asunto interesado, sinálase que a incorporación dunha nova liña ou tramo na Rede Ferroviaria de Interese Xeral require da aprobación dun Estudo Informativo”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.