Os concellos máis pequenos de Pontevedra reciben 58.000 máscaras

A Deputación de Pontevedra leva xa distribuídas 325.000 unidades desde o comezo da pandemia no marco da colaboración coa Subdelegación de Goberno e a FEMP para remitir o material de protección enviado polo Goberno de España

A Deputación de Pontevedra realiza hoxe unha nova entrega de máscaras cirúrxicas de protección aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Son outras 58.000 unidades que, sumadas ás anteriores entregas, eleva a un total de 324.500 o balanzo do material repartido pola institución provincial dende o comezo da pandemia. A iniciativa encádrase no acordo de colaboración institucional coa Subdelegación do Goberno e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para facer chegar o material de protección esencial aos colectivos máis vulnerables coas achegas periódicas que fai o Goberno de España.

Con esta son xa cinco as reparticións de máscaras efectuadas pola Deputación. En concreto, a institución provincial achegou unha primeira remesa de  57.000 máscaras en maio, unha segunda de 97.500 en setembro, unha terceira de 58.000 en novembro e outras 54.000 na última achega de decembro, todas elas gracias a este plan de cooperación institucional entre o Goberno de España e a Administración local.

A carta remitida dende a Deputación ás alcaldesas e alcaldes explica que as máscaras están destinadas á súa distribución entre os colectivos máis vulnerables de cada municipio, xunto ao persoal de limpeza e residuos sólidos, traballadores/as sociais e policías locais. Ademais clarexa os criterios de reparto, que consisten en asignar 600 unidades aos concellos de menos de 3.000 habitantes, 900 aos que teñen ata 5.000 habitantes, 1.200 aos que contan con ata 10.000 habitantes, 1.500 aos de menos de 15.000 habitantes e, finalmente, 1.750 unidades aos concellos de ata 20.000. Este último envío forma parte do “paquete” de 13 millóns de máscaras cirúrxicas que o Goberno de España pon este mes  a disposición das Entidades Locais, no marco do acordo coa FEMP, así como coas ONG e entidades sociais que loitan en primeira fila contra a pandemia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.