Os socialistas afirman que “ao PP doélle que o Goberno de España invista na provincia de Lugo”

Patricia Otero, cualificou “como un espectáculo lamentable o que esta dando o PP, opoñéndose aos investimentos para a modernización do ferrocarril en Lugo”

A Secretaria Provincial do PSdeG e Deputada Autonómica, Patricia Otero, cualificou hoxe “como un espectáculo lamentable o que esta dando o PP, opoñéndose aos investimentos para a modernización do ferrocarril en Lugo”, tralos anuncios feitos polo Ministerio de Transportes e Mobilidade e ADIF na nosa provincia.

Otero advirte que “no canto de aledarse porque, tras anos de abandono precisamente co Goberno de Rajoy e do PP, os Orzamentos do Estado inclúan actuacións en ferrocarril que supoñen un salto sen precedentes, moitas delas xa contratadas, o PP de Candia adicase agora a tentar desprestixiar as obras, incluíndo ataques persoais a responsables do Goberno do Estado que están amosando un verdadeiro compromiso coa provincia de Lugo”.

A Secretaria Provincial sinala que “estes ataques de ira da responsable do PP, Elena Candia, non nos sorprende, xa que demostrou que antepón os intereses do PP aos da provincia”. Por iso insiste nas súas criticas “foi incapaz de ver que a mellora que se vai a producir na liña Lugo- Ourense será en beneficio de tódolos lucenses e, en cambio, deixouse levar por unha critica desaforada e sen fundamento algún”.

A dirixente socialista dixo “para a súa desesperación dígolle que chegou a modernización do tren, e tamén chegará en breve a estación Intermodal en Lugo. Po iso agora debería preocuparse que a Xunta cumpra coa parte que lle corresponde que bastante atraso leva xa”, denunciou.

Actitude do Delegado da Xunta na provincia

A maiores Patricia Otero criticou “a actitude do Delegado da Xunta na provincia, Javier Arias, que se sumou tamén a esta campaña de insultos e falsidades sobre os investimentos do Estado na provincia, e quen preferiu poñer a camiseta do PP, e non a do Goberno da Xunta, separándose así do clima de acordos e consensos que presidiu as reunión entre o ministro  Abalos e Feijóo hai apenas uns días”. E insistiu “entre o Presidente da Xunta e Elena Candia, Javier Arias optou por facer seguídismo de Candia, el saberá porque, e medirá as consecuencias de que se sumou á campaña de descualificacións tan sorprendentes nun representante institucional”, replicou.

Queremos convidalos a rectificar

“Dende aquí queremos convidalos a rectificar e alegrarse tamén de que haxa un Goberno que inviste na provincia de Lugo. E pídolles ademais que deixen de mentir tratando de enganar aos cidadáns”. “O único que comprometeu que o AVE ía chegar a Lugo foi Núñez Feijóo, e polo e agora xa leva xa 12 anos de atraso na súa promesa. Por iso pode aproveitar e pedir contas ao seu xefe de filas para saber porque incumpriu”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.