Reclaman a recuperación dos dous helipcópteros e das dúas brigadas helitransportadas con base en Portomarín

Silvia Rodríguez avanzou que defenderá unha moción na vindeira sesión plenaria, coa que tamén reclama ao Goberno de Feijóo a dotación dun novo camión para a extinción de incendios

Os socialistas de Portomarín instan ao Concello a que realice as xestións urxentes e necesarias para a recuperación dos dous helicópteros e de dúas brigadas helitransportadas ubicadas na Base de Helicópteros de Portomarín. Así o anunciou a Voceira Socialista, Silvia Rodríguez, quen avanzou que defenderá unha moción na vindeira sesión plenaria coa que tamén reclama ao Goberno de Feijóo, “a dotación dun novo camión para a extinción de incendios”.

A Voceira Socialista advirte que a Xunta de Galicia desde o pasado ano, 2020, realizou importantes recortes en Portomarín no tocante á prevención e extinción de incendios forestais, xa que a Base de Helicópteros deixou de acoller a ubicación de dous helicópteros e de dúas brigadas helitransportadas, que contaban cun total aproximado de 25 efectivos na nosa vila. Entre estes membros das brigadas, como todos sabemos, formaban parte veciños do noso concello, que aproveitaban esta oportunidade laboral que se viña sucedendo ao longo de moitos anos”, relatou.

Rodríguez remarca que “a base de Portomarín foi no seu dia un emprazamento importante pola súa situación estratéxica, posto que viña a cubrir as necesidades das emerxencias dunha zona descuberta actualmente moi ampla, e cun importante potencial forestal”.

O Grupo Socialista de Portomarín denuncia que con estes recortes do Goberno de Feijóo “a Xunta abócanos a un gran prexuízo que limita os tempos de resposta ante un incidente na nosa Comarca. Pero, en materia de prevención e extinción de incendios, xa coñecemos as receitas da Xunta do PP, que é esperar a que chova. Uns recortes que tamén prexudican económica e laboralmente aos veciños de Portomarín, xa que era un estímulo importante para os traballadores do noso Concello”.

Camión motobomba dos anos 90

Ademais, o Concello de Portomarín conta con dotacións obsoletas en materia  de extinción de incendios, “o camión motobomba que utiliza o Concello é dos anos noventa, e non cumpre con ningún tipo de seguridade e normativa actual, e ademais pon en risco a seguridade dos traballadores”, denuncia Rodríguez.

O Alcalde non dixo nin mu

A Voceira Socialista lembrou ademais que dende o Grupo Parlamentario Socialista xa se denunciou públicamente esta situación de abandono o pasado mes de xullo, a través do Deputado Autonómico do PSdeG-PSOE, Luís Álvarez, durante unha visita a esta vila. “A única folla de ruta do Alcalde do PP de Portomarín é mirar cara outro lado cando hai un problema na vila. Como por exemplo coa perda destes servizos na prevención e extinción de incendios. Ata agora non dixo nin mu, e así seguimos perdendo servizos, iso si, aparecendo nos medios de comunicación de palmeiro dun Goberno que recorta prestacións na nosa vila”, replicou.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.