Rematadas as obras de renovación nos viais da parroquia vilalbesa de Santaballa

O Concello de Vilalba informa á veciñanza do remate das obras de pavimentación e conservación de varios viais municipais nos núcleos de Vilasuso, Ribeira, Trufas e O Casal, na parroquia de Santaballa

En concreto, os traballos foron no vial que da acceso ao barrio de Vilasuso dende a LU-P-6519, o vial interior do núcleo de Vilasuso, e no camiño de titularidade municipal sen pavimentar que parte da estrada provincial LU-P-6519 e da acceso a unha vivenda situada ó sur do núcleo de Vilasuso.

As obras realizáronse tamén no vial municipal que da acceso ao barrio de A Ribeira, no camiño de titularidade municipal sen pavimentar que parte de A Vesura, no barrio de Trufas, e discorre en dirección ó monte de Pena Furada ata alcanzar as últimas vivendas do núcleo, e no vial de titularidade municipal sin codificar que comunica o barrio de O Casal coa zona de Os Cotelos.

O orzamento dos traballos superou os 55.000 euros e deron resposta ás demandas veciñais, xa que os diferentes viais atopábanse nun estado deficiente. A actuación na parroquia mellorará a seguridade viaria, tanto dos vehículos como dos peóns.

“Eran tarefas necesarias que forman parte do plan posto en marcha polo noso grupo de goberno para a renovación continua da rede municipal de viais e camiños”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.