Silvia Penide prepara a estrea de “Los días de plomo” no Teatro Colón

Acaba de estrearse o documental «Cavaquiño» no que participou dende o antigo balneario de A Cortegada. Xunto a artista Xosé Iglesias lanzará un vídeopoema nos vindeiros días. As entradas para o Teatro Colon están xa á venda 

Como calquera artista, Silvia Penide está desexando subir de novo a un esceario xunto coa banda coa que leva xa duas xiras. Carla López ao piano, Paul Álvarez á guitarra e Bruno Couceiro á batería estarán no Teatro Colón da Coruña o día 17 de abril arropando a presentación do disco «Los días de plomo» onde logrou a colaboración con Víctor Manuel na canción El Efecto Boomerang. O concerto será ás 19:30 horas e as entradas están xa dispoñibles dende a web do Teatro Colón

Ademáis, acaba de ver a luz un documental no que participou en 2020 aportando unha canción dende o entorno do antigo balneario de A Cortegada. O proxecto «Cavaquiño» (nome tradicional do Ukelele) no que participaron artistas galegos e portugueses: Brais de Momboi, Astrogirl, a propia Silvia… Un percorrido por rutas fermosas coa música e ese instrumento como nexo de unión.

E como estar activos é algo que manten vivos aos artistas, unha nova alianza xunto a Xosé Iglesias, mariñeiro, poeta e artista polifacético, está a piques de ver a luz. Un vídeopoema co un dos textos que Silvia escribiu durante o confinamento e que está incluido no disco. Trátase de Porta Aberta e está rodado na praia de Riazor, nas rochas que Silvia visitaba de nena coa súa avoa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.