Solicitan a adecuación do catastro á realidade dos montes veciñais

A Organización Galega de Comunidades de Montes solicita á Conselleria do Medio Rural e aos grupos parlamentarios do Parlamento galego que se inicien os traballos para adecuar o catastro á realidade dos montes veciñais galegos

Os montes veciñais en mán común actualmente figuran na cartografia catastral divididos en un sin fín de recintos e parcelas como se fosen montes de propietarios particulares. A ORGACCMM sinala que a titularidade dun monte veciñal correspondelle a unha soa comunidade de montes. Por iso, indican, carece de sentido que se traten catastralmente os montes veciñais como se fosen recintos ou parcelas de diversos propietarios.

Ademais denuncian desde a organización que a excesiva parcelación que padecen os montes veciñais en mán común débese a que a cartografía catrastral foi realizada en base a elementos non axustados a realidade dos montes veciñais. Definironse as distintas parcelas en base a pistas forestais, camiños, carreiros, valados, resto de valados,…

Denuncian que esta inadecuada cartografía catrastral dificulta, cando non impide, ás comunidades de montes o desenvolvemento das actividades propias. Así vese moitas veces comprometida a elaboración de planos de xestión e de ordenación, a soliciutude de subvención ou axudas , a constitución de dereitos de superficie e a formalización de contratos de permutas, licenzas para plantacions ou permisos de corta de madeira.

Sinalan que o maior despropósito sucede no caso dos permisos para a corta de madeira. Estas se realizan por cantóns definidos pola homoxenidade das masas fortais e a veces ouncantón pode chegar a ter até dez referencias catastrais distintas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.