Solicitan recuperar a Ponte do Inferno no río Verdugo (Vídeo)

Ecoloxistas en Acción solicita a Augas de Galicia a inmediata extinción da caducada concesión do aproveitamento hidroeléctrico de Ponte Inferno e que se acometa a renaturalización e recuperación da libre circulación do caudal do río Verdugo

Ecoloxistas en Acción sinala que o dano sobre o río Verdugo é cada vez máis irreversible, e o tempo xoga a favor das empresas infractoras, e en contra do ben común, do Dominio Público Hidráulico e dos ecosistemas fluviais. Esta infraestructura convirtiuse nun obstáculo, infranqueable ademáis de constituirse coma unha trampa de sólidos que arrebata a reconstrucción natural do leito do río augas abaixo, pero tamén da fauna que se sinte atraída polo forte caudal, superior con moito aos 7,14 m³/s da concesión, que entra pola canle de derivación, non dotada das preceptivas reixas que impedirían que toda esa fauna tomase o camiño equivocado. Interrompe, polo tanto, o tránsito da fauna tanto en sentido ascendente como descendente, e afecta gravemente á xeomorfoloxía do río Verdugo, degradandoo cada día que se prolonga a existencia do obstáculo.

A organización ecoloxista sinal que a concesión orixinal data nada menos que de 1889, o que implica xurídicamente que se teñen rebasado con creces non só as disposicións transitorias da Lei de Augas de 1985 e o seu texto refundido, senón tamén o establecido no noso Dereito Administrativo sobre as antigas concesións a 99 anos, pois son 131 anos os que leva en mans privadas. Isto implica, sen discusión algunha, a perda efectiva do carácter público do leito e caudal otorgados en concesión baixo a Lei de Augas de 1879, feito totalmente inaceptable.

“Transcurrido un plazo superior aos 99 anos, atopámonos ante un caso de práctica usurpación do imprescriptible dominio público (art. 132 de la CE), o que non ten cabida no noso Dereito”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.