Somos Sanxenxo. “Transparencia nas licitacións de servizos de quioscos e tumbonas das praias do concello”

Tras a nota de prensa do Concello de Sanxenxo do pasado 27 de febreiro, na que se informaba da licitación dos servizos dos quioscos e tumbonas de once praias, entre as que se encontran as que tiñan “aproveitamento oneroso” a CMMCNoalla debido a un contrato asinado en xullo do 2.006, e que poseen contratos en vigor con terceiros que levan anos prestando estos servizos; Somos Sanxenxo vímonos na obriga de pedir explicacións ao Concello sobre como van a ser as licitacións, se éstas van ser por separado tal como é uso e costume, ou se van recurrir a outra modalidade. Tamén solicitamos cláusulas especiais dada a época de pandemia na que vivimos.

Non entendemos que existindo un modelo de xestión, contratación e licitación de servizos de praia que funciona, o concello se propoña a cambialo, tras un ano de “vacas fracas”, con unha manifesta incertidume de como evolucionará a pandemia, e cun aumento de esforzo de inversión para os novos licitadores.

Por outra banda, está o feito de pretender licitar os servizos dunhas praias que teñen un contrato en vigor, cousa que fai quedar no limbo e coa posibilidade de perder o sustento varias familias, tanto as dos licitadores dos servizos como as persoas que traballan nos mesmos.

O feito de pretender “recuperar” a xestión das praias cuxa cesión de aproveitamento ostenta unha entidade sen ánimo de lucro sen ter en conta a quen perxudica, nen o estado dos contratos, fainos pensar en que o concello poida estar barallando a posibilidade de sacar a concurso todos os servizos nun só lote ao mellor postor, tal como fixo coa Feira Multisectorial de Portonovo, na que unha única empresa se fai cargo da xestión, e logo adxudica individualmente os “postos”; isto, tal como se constatou xa, fai que o servizo merme en calidade, que algúns servizos poidan quedar sen ser prestados, o concello recaude menos e os licitadores finais rematen pagando moito máis por ofrecer uns servizos que xa levan anos ofertando con total garantía.

 

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.