Unidas Podemos eleva ao Congreso “o espolio de Endesa ao río Eume”

“É absolutamente intolerable que Endesa multiplique por oito os seus beneficios a costa da sobreexplotación mentres pecha plantas e destrúe empregos ante a pasividade cómplice de Feijóo”, sinala Gómez Reino

Unidas Podemos elevou ao Congreso o último episodio grave de contaminación no río Eume, que afectou a calidade das súas augas no mes de outubro, como unha pata máis do histórico espolio de Endesa ao río galego durante décadas coa necesaria complicidade pasiva da Xunta, que mirou para outro lado ante os repetidos agravios ambientais que encheron os petos da multinacional eléctrica.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica, en resposta a pregunta escrita de UP e datada este luns 1, sinala directamente a Xunta de Galicia como Administración responsable no marco da Demarcación hidrográfica intracomunitaria Galicia-costa onde “o Estado non ostenta compentencias no marco deste ámbito territorial”.

A iniciativa parlamentaria fora rexistrada no Congreso polos deputados de Unidas Podemos, Antón Gómez Reino e Juan López de Uralde, a mediados de febreiro a raíz do derradeiro episodiso de contaminación das augas do río polo desagüe dos lodos acumulados no fondo do embalse de A Capela.

Aconteceu o pasado outono, logo de que Endesa mantivera desecado durante máis de medio século  un tramo de 3,4 quilómetros do cauce do río para turbinar vulnerando todas as normativas autonómicas, estatais e comunitarias que obrigan a preservar un caudal hidrolóxico mínimo equivalente ao 10% da media anual.

“Este problema de contaminación severa no río Eume non foi algo aillado e puntual”, denuncia no escrito Antón Gómez Reino, deputado pola Coruña.  “É a punta do iceberg dun gravísimo problema ambiental que afecta ao parque natural de As Fragas e que ten a súa orixe na concesión franquista que Endesa lle mercou a Unión Fenosa en 1985 para enriquecerse a costa do espolio e da sobreexplotación do río”.

“É absolutamente intolerable que Endesa, unha empresa de portas xiratorias privatizada por Aznar e que multiplicou por oito os seus beneficios económicos no 2020, se enriquezca impunemente a costa de explotar o noso patrimonio ambiental”, denuncia Gómez Reino. “Ainda máis: a Endesa se lle permite pechar a térmica das Pontes e destruir centos de empregos sen  contrapartida coa pasividade cómplice da Xunta que non fixo nada en décadas ante o que era un grave delito ambiental, como así denunciou a Fiscalía”.

“Desde Unidas Podemos instamos ao Ministerio de Transición Ecolóxica a adoptar medidas para correxir os repetidos incumprimentos da Xunta de Galicia en materia ambiental na protección do río Eume e do parque natural de As Fragas, un econsistema único e singular no espazo atlántico europeo que aínda hoxe carece do preceptivo Plan Reitor que o Goberno galego tiña que ter aprobado hai anos para garantir a correcta preservación dunha das xoias verdes de Galicia” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.