Unidas Podemos urxe explicacións no Congreso pola talla de 2,5 hectáreas de fraga na Ribeira Sacra

O Grupo Parlamentar recolle a denuncia dos colectivos ambientalistas que claman contra o “arboricio” no corazón da Ribeira Sacra

O Grupo Parlamentario Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común vén de rexistrar este martes unha pregunta escrita na Cámara Baixa que urxe explicacións pola talla de 2,5 hectáreas de fraga en pleno corazón da Ribeira Sacra, recollendo así a denuncia feita polo colectivo Amigos das Árbores.

Entre as especies talladas atopánse bidueiros, carballos ou castiñeiros, algúns con máis de 300 anos de vida que constituían o necesario refuxio dunha diversa fauna ornitolóxica.

A iniciativa de Unidas Podemos fai fincapé “no elevadísimo valor ambiental da Ribeira Sacra, cuxos Canóns do Sil foron declarados Lugar de Interese Comunitario (LIC) e Zona de Especial conservación (ZEC)”. Ademais, tal e como lembran os deputados Antón Gómez Reino e Juantxo López de Uralde na iniciativa, “xunto a estas figuras de especial protección ambiental, a Ribeira Sacra foi declarada Ben de Interese Cultural en 2018 e está máis preto ca nunca de convertirse en Patrimonio da Humanidade”.

A súa candidatura é unha das 24 propostas internacionais elixidas para ser sometidas a debate polo Comité da Unesco, o que nos da unha idea da relevancia ambiental da zona”.

Gómez Reino inquire ao Congreso se a Xunta de Alberto Núñez Feijóo  ten aplicados os os mecanismos de control, vixilancia e supervisión para evitar esta talla; ao tempo, pregunta se prevé aplicar a normativa ambiental vixente para a sanción deste acto e a obriga de reparación que a lei prevé para os infractores.

O deputado  galego Antón Gómez Reino sinala directamente a pasividade e a permisividade da Xunta. “Semella que a única preocupación polo medio ambiente do PP de Feijóo é regalarlle os nosos montes a empresas madereiras amigas, o que explicaría que a normativa galega sexa tan laxa en materia de talla de árbores”.

No concreto, Gómez Reino sinala ao decreto 73/2020, do 24 de abril, aprobado en pleno confinamento por mor da Covid 19, “e que simplifica os trámites para a tala de árbores concedéndose autorización por silencio administrativo se no prazo de dous meses non hai resposta da Xunta”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.