Voadora visitará Santiago, Madrid e Valladolid coas súas revisións de Shakespeare e Lorca

A compañía de teatro de vangarda Voadora, dirixida por Marta Pazos, visitará Valladolid, Madrid e Santiago de Compostela esta primavera coas súas revisións de Shakespeare e Federico García Lorca

Voadora estreará Othello o 13 de maio no Teatro de La Abadía, e estará en cartel até o 6 de xuño. Trátase dunha adaptación transgresora da traxedia, atravesada pola posverdade e as violencias machistas, e na que os personaxes femininos asumen o protagonismo.

Ademais, a montaxe de Viaje a la Luna, a partir do único guion cinematográfico escrito por Lorca, continuará o seu periplo polos escenarios logo da súa estrea en Barcelona.

O espectáculo estará o venres 19 de marzo no MeetYou de Valladolid e o sábado 12 de xuño no Auditorio de Galicia de Santiago.

Foto portada: Sìlvia Poch

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.