A CIG de Verín A Limia denuncia na inspección de traballo á VEICAR, empresa que xestiona o parque de bombeiros

A CIG de Verín denuncia á empresa Veicar SL por incumprimentos en materia laboral no parque de bombeiros de Verín, do que é adxudicataria do servizo, concedido polo Consorcio Provincial de Salvamento e Contraincendios de Ourense.

No contido do escrito relátase que a empresa Veicar incumpríu, e segue a facelo, tres das normas de obrigado cumprimento. Os feitos consisten na falla de substitución do Xefe do Parque, deixando así valeiro ise posto temporalmente, sendo atendido de maneira telefónica por outros compañeiros do mesmo posto e dende outros parques.

A substitución de maneira non presencial non está contemplada no convenio colectivo nin tampouco nas propias instrucións do Consorcio Provincial de Ourense para o servizo contra incendios. Nelas reflíctese de xeito preciso que é obriga da empresa concesionaria substituír as ausencias dos Xefes de Servizo, os pregos que rexeron na licitación (PTT) son moi claros na súa cláusula sétima, relativa aos medios humanos, apartado 2, letra c), ao indicar que en cada parque haberá » un xefe de servizo».

Dita cláusula implica que debe existir unha dotación mínima de catro xefes de servizo en todo momento, arbitrándose pola concesionaria unha substituta en caso de ausencia do xefe de servizo titular, sen posibilidade de acumulación de varias parques por unha soa xefatura, xa que neste caso non e cumpriría a previsión do prego de que exista un xefe de servizo por parque ( catro en todo momento).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.