A Deputación apoia con case medio millón de € o mantemento de programas sociosanitarios na provincia da Coruña

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, destacou o importante servizo que prestan estas asociacións sen ánimo de lucro á sociedade coruñesa “contribuíndo a garantir o benestar das persoas”

A Deputación da Coruña apoia con 498.332,27 euros o mantemento de programas sociosanitarios de 31 entidades sen ánimo de lucro da provincia.

Estas axudas permitirán financiar servizos de apoio psicolóxico e de atención e información permanente, orientación e asesoramento; terapias de rehabilitación; charlas; foros; campañas de sensibilización; programas formativos; ou xornadas técnicas, entre outras actividades.

A Deputación publica no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a concesión provisional das subvencións.

As contías van desde os 1.000 euros ata os 40.000 e delas benefícianse entidades que “prestan un improtante servizo á sociedade coruñesa, contribuíndo a garantir o benestar das persoas” indica a deputada de Benestar Social da Deputación, Ana Lamas.

“O traballo que levan a cabo estas asociacións é esencial para mellorar o nivel de vida de moitas persoas, así como para concienciar á sociedade sobre certas doenzas. Desde a Deputación queremos estar aí e apoiar este labor que beneficia cada ano a miles de cidadáns e cidadás, moi necesario sobre todo en momentos como o que estamos a vivir pola pandemia”, destacou Lamas.

Entidades Importe subvención
Beneficiario: ANHIDACORUÑA ASOC.DE NIÑOS CON HIPERACTIVIDAD Y DEFICIT DE ATENCION
Obxecto: AP-2 Apoio psicolóxico. PERSOAS AFECTADAS POLO TDAH E AS SÚAS FAMILIAS
9.948,96 €
Beneficiario: ASOC IACION GALLEGA TRANSPLANTADOS PULMON AIRIÑOS
Obxecto: PC-1 Charlas, foros, publicacións e campañas de sensibilización. FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS E AXUDA OS ENFERMOS DE ÓRGANOS E OS SEUS FAMILIARES, TRASPLANTADOS E DOENTES EN ESPERA
2.587,20 €
Beneficiario: ASOC. TDAH SALNES
Obxecto: PC-2 Programas formativos, xornadas técnicas, seminarios, congresos ou cursos. Xornadas Anuais de FORMACIÓN e VISIBILIZACIÓN do TDAH: “TI TAMÉN FORMAS PARTE DO TDAH”
1.000,00 €
Beneficiario: ASOCIACION ANTIDROGA RENACER DE RIVEIRA
Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. Programa de Información e Asesoramento Psicolóxico e Legal
15.374,36 €
Beneficiario: ASOCIACION BULIMICOS Y ANOREXICOS DE A CORUÑA
Obxecto: AP-1 Terapias de Rehabilitación. INTERVENCION TERAPEUTICA NOS TRASTORNOS DA CONDUTA ALIMENTARIA
40.000,00 €
Beneficiario: ASOCIACION COMPOSTELANA DE NIÑAS Y NIÑOS HIPERACTIVOS
Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. Abordaxe integral do TDAH para un desenvolvemento óptimo
22.500,00 €
Beneficiario: ASOCIACION COMPOSTELANA ESCLEROSIS MULTIPLE
Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. TRABALLO SOCIAL E COORDINACIÓN INTERDISCIPLINAR
12.000,00 €
Beneficiario: ASOCIACION DE ALCOHOLICOS ADIANTE DE AS PONTES
Obxecto: AP-1. Terapias de rehabilitación. Programa de “APOIO Á ABSTINENCIA”.
25.170,18 €
Beneficiario: ASOCIACION DE AYUDA A NIÑOS ONCOLOGICOS DE GALICIA ASANOG
Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. Proxecto de información e asesoramento sociolaboral, económico e educativo a nenos, nenas e adolescentes con cancro e as súas familias
13.425,85 €
Beneficiario: ASOCIACION DE DANO CEREBRAL SARELA
Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. Información, orientación e asesoramento a persoas e familias con Dano Cerebral Adquirido
25.086,26 €
Beneficiario: ASOCIACION DE LUCHA CONTRA ENFERMEDADES DEL RIÑON
Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. SIO. Servizo de Información e Orientación Social
28.260,00 €
Beneficiario: ASOCIACION ESPAÑOLA CONTRA EL CANCER
Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. PROGRAMA DE TRABALLO SOCIAL
23.400,00 €
Beneficiario: ASOCIACION FAMILIARES ENFERMOS DE ALZHEIMER DE BERGANTIÑOS
Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN FÍSICO-COGNITIVA A PERSOAS COA ENF. DE ALZHÉIMER E /OUTRAS DEMENCIAS
30.000,00 €
Beneficiario: ASOCIACION FAMILIARES ENFERMOS DE ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS DE FISTERRA E SONEIRA (AFAFES)
Obxecto: AP-1 Terapias de Rehabilitación. PROGRAMA DE PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA E PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL
30.000,00 €
Beneficiario: ASOCIACION GALEGA DE ASPERGER (ASPERGA)
Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. Programa de Asesoramento a Pesoas con Síndrome de Asperger e Autismo e ás súas familias
13.125,00 €
Beneficiario: ASOCIACION GALEGA DE ESCLEROSE LATERAL AMIOTROFICA
Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. Programa de orientación, apoio e asesoramento a persoas afectadas de Esclerose Lateral Amiotrófica, coidadores e familiares
9.673,10 €
Beneficiario: ASOCIACION GALEGA DE LINFEDEMA AGL
Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. PROGRAMA DE FISIOTERAPIA ESPECIALIZADO PARA PERSOAS DIAGNOSTICADAS DE LINFEDEMA E LIPEDEMA
17.250,00 €
Beneficiario: ASOCIACION GALLEGA C/ENFERMED.NEUROMUSCULARES ASEM GALICIA
Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. Programa de Rehabilitación Integral para Persoas con Enfermidade Neuromuscular na Provincia de A Coruña
2.912,00 €
Beneficiario: ASOCIACION GALLEGA CONTRA LA FIBROSIS QUISTICA
Obxecto: AP-1 Terapias de Rehabilitación. Programa de fisioterapia respiratoria para persoas da área de A Coruña
3.328,00 €
Beneficiario: ASOCIACION GALLEGA DE AFECTADOS POR TRANSPLANTES MEDULARES
Obxecto: PC-1 Charlas, foros, publicacións e campañas de sensibilización. REFLEXOS DE VIDA: Programa de Sensibilización para o Fomento da Doazón de Medula Ósea
9.860,82 €
Beneficiario: ASOCIACION GALLEGA DE HEMOFILIA
Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. Servizo de Atención e Información Permanente (SAIP)
6.553,52 €
Beneficiario: ASOCIACION PARKINSON FERROL
Obxecto: AP-1 Terapias de Rehabilitación. Fisioterapia e logopedia en persoas con enfermidade de Parkinson
6.945,00 €
Beneficiario: ASOCIACION PARKINSON GALICIA
Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación: PROGRAMA DE FISIOTERAPIA PARA ENFERMOS/AS DE PARKINSON E FAMILIARES/COIDADORES/AS
32.000,00 €
Beneficiario: AXUDA INTEGRAL SANTIAGUESA DO ALCOHOLICO
Obxecto: AP-1 Terapias de Rehabilitación. PROGRAMA DE TERAPIAS REHABILITADORAS PARA PERSOAS CUN TRASTORNO POR DEPENDENCIA DE ALCOHOL E AS SÚAS FAMILIAS
2.464,00 €
Beneficiario: FEDERACION ASOCIACIONS DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DA PROVINCIA DA CORUÑA (COGAMI-CORUÑA)
Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. Servizo de información, asesoramento e apoio as asociacións que forman parte de COGAMI-Coruña en materia sociosanitaria.
10.624,43 €
Beneficiario: FEDERACION GALEGA DE DANO CEREBRAL
Obxecto: PC-2 Programas formativos, xornadas técnicas, seminarios, congresos ou cursos_”Escola Dano Cerebral”
6.205,22 €
Beneficiario: FEDERACION GALEGA DE ENFERMEDADES RARAS E CRONICAS
Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. Servizo de Acollida
23.141,67 €
Beneficiario: FUNDACION FOLTRA
Obxecto: AP-1 Terapias de Rehabilitación. PROPORCIONAR TERAPIAS DE REHABILITACION A PACIENTES CON DANO NEUROLOXICO
36.000,00 €
Beneficiario: FUNDACION INGADA
Obxecto: PC-1 Charlas, foros, publicacións e campañas de sensibilización. CONVIVINDO CO TDAH
7.871,70 €
Beneficiario: FUNDACION ODONTOLOGIA SOLIDARIA
Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. Clínica Odontoloxia Solidaria A Coruña
20.000,00 €
Beneficiario: LIGA REUMATOLOXICA GALEGA LOITA CONTRA O REUMATISMO
Obxecto: PC-1 Charlas, foros, publicacións e campañas de sensibilización. CAMPAÑA INTEGRAL DE PREVENCIÓN , INFORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN DAS ERyMEs (Enfermedades reumáticas y músculo esqueléticas)
11.625,00 €

Total concedido: 498.332,27 €

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.