A Deputación dedica 900.000€ ao servizo de limpeza de praias de 41 municipios coruñeses

A través destas subvencións o ente provincial dá apoio aos concellos costeiros no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas

A Deputación da Coruña inviste este ano 900.000 euros nos 41 municipios costeiros para financiar os servizos de limpeza de praias. A concesión provisional destas axudas recóllese no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

A través das subvencións, o ente provincial busca apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal que se encargará este verán da limpeza dos areais coruñeses, así como a adquisición do material necesario, vestiario ou combustible dentro do periodo comprendido entre os meses de abril e outubro (incluídos).

Segundo explicou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, “o programa contribuirá, un ano máis, á mellora da imaxe das praias coruñesas de cara á tempada estival, e axudará tamén á creación de emprego durante os meses de verán”.

González Formoso destacou que A Coruña é a provincia española con máis quilómetros de costa e que as praias dos concellos costeiros son un dos principais atractivos turísticos. “Deste xeito, a Deputación apoia aos concellos da provincia para que os nosos areais estean en condicións óptimas para este verán”, sinalou.

As cantidades económicas asignadas son as seguintes:

Programa de limpeza de praias 2021 Importe subvención
Beneficiario: CONCELLO DA CORUÑA
Obxecto: Limpeza de praias marítimas do Concello da Coruña
24.919,44 €
Beneficiario: CONCELLO DA LARACHA
Obxecto: LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS 2021
23.075,52 €

 

Beneficiario: CONCELLO DE ARES
Obxecto: LIMPEZA PRAIAS 2021
24.919,44 €
Beneficiario: CONCELLO DE ARTEIXO
Obxecto: LIMPEZA DAS PRAIAS DO CONCELLO DE ARTEIXO
24.919,44 €
Beneficiario: CONCELLO DE BERGONDO
Obxecto: PROGRAMA DE LIMPEZA DE PRAIAS 2021
23.361,97 €
Beneficiario: CONCELLO DE BOIRO
Obxecto: SUBVENCIONS PARA A LIMPEZA DE PRAIAS MARITIMAS NO ANO 2021 (CONTRATACION EXTERNA)
25.542,42 €
Beneficiario: CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS
Obxecto: LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS 2021
15.601,62 €
Beneficiario: CONCELLO DE CABANAS
Obxecto: Campaña limpeza de praias 2021
20.434,82 €
Beneficiario: CONCELLO DE CAMARIÑAS
Obxecto: PROGRAMA PARA LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS DO CONCELLO DE CAMARIÑAS NO 2021
24.805,80 €
Beneficiario: CONCELLO DE CARBALLO
Obxecto: LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS EXERCICIO 2021
31.149,30 €
Beneficiario: CONCELLO DE CARIÑO
Obxecto: LIMPEZA DE PRAIAS DO CONCELLO DE CARIÑO
15.882,90 €

 

Beneficiario: CONCELLO DE CARNOTA
Obxecto: CONTRATACIÓN DIRECTA BRIGADA/S DE LIMPEZA DE PRAIAS ANUALIDADE 2021
29.280,34 €
Beneficiario: CONCELLO DE CEDEIRA
Obxecto: LIMPEZA DE PRAIAS DO CONCELLO DE CEDEIRA 2021
10.775,46 €
Beneficiario: CONCELLO DE CEE
Obxecto: MA100 Programa de limpeza de praias marítimas 2021. Concello de Cee
21.791,05 €
Beneficiario: CONCELLO DE CORCUBION
Obxecto: Limpeza de Praias 2021
7.869,85 €
Beneficiario: CONCELLO DE DUMBRIA
Obxecto: LIMPEZA DA PRAIA DO EZARO
18.136,16 €
Beneficiario: CONCELLO DE FENE
Obxecto: LIMPEZA PRAIAS FENE 2021
9.789,53 €
Beneficiario: CONCELLO DE FERROL
Obxecto: PROGRAMA MA100/2021, SUBVENCIÓNS PARA LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS DIRIXIDO ÓS CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA DURANTE O EXERCICIO 2021
31.149,30 €
Beneficiario: CONCELLO DE FISTERRA
Obxecto: CONTRATACIÓN DE PERSOAL PARA LIMPEZA DE PRAIAS 2021
26.165,41 €
Beneficiario: CONCELLO DE LAXE
Obxecto: CAMPAÑA DE LIMPEZA DE PRAIAS 2021
25.853,92 €
Beneficiario: CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS
Obxecto: PROGRAMA LIMPEZA PRAIAS MALPICA 2021
17.297,00 €
Beneficiario: CONCELLO DE MAÑON
Obxecto: LIMPEZA DE PRAIAS 2021
21.437,74 €
Beneficiario: CONCELLO DE MIÑO
Obxecto: Limpeza de praias 2021
24.919,44 €

 

Beneficiario: CONCELLO DE MUGARDOS
Obxecto: CAMPAÑA DE LIMPEZA DE PRAIAS MARITIMAS DO CONCELLO DE MUGARDOS 2021
20.247,04 €
Beneficiario: CONCELLO DE MUROS
Obxecto: LIMPEZA DE PRAIAS MARITIMAS CONCELLO DE MUROS, ANUALIDADE 2021
24.919,44 €
Beneficiario: CONCELLO DE MUXIA
Obxecto: LIMPEZA DE PRAIAS 2021
21.753,06 €
Beneficiario: CONCELLO DE NARON
Obxecto: CONTRATACIÓN DE PERSOAL PARA LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS 2021
21.804,51 €
Beneficiario: CONCELLO DE NEDA
Obxecto: PROGRAMA DE LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS 2021
6.768,00 €
Beneficiario: CONCELLO DE NOIA
Obxecto: Limpeza de praias marítimas
20.109,16 €
Beneficiario: CONCELLO DE OLEIROS
Obxecto: SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA GASTOS DE PERSOAL DE LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS 2021
28.034,37 €

 

Beneficiario: CONCELLO DE ORTIGUEIRA
Obxecto: Limpeza de praias do termo municipal de Ortigueira. Anualidade 2021
29.134,15 €
Beneficiario: CONCELLO DE OUTES
Obxecto: LIMPEZA DA PRAIAS MARITIMAS DO CONCELLO DE OUTES ANO 2021
6.768,00 €
Beneficiario: CONCELLO DE PADERNE
Obxecto: LIMPEZA DE PRAIAS 2021
15.176,07 €
Beneficiario: CONCELLO DE PONTECESO
Obxecto: CONTRATACION DE PERSOAL PARA A CREACION DUNHA BRIGADA DE LIMPEZA DE PRAIAS NO CONCELLO DE PONTECESO.
29.591,83 €
Beneficiario: CONCELLO DE PONTEDEUME
Obxecto: Limpeza de praias 20121
20.247,04 €
Beneficiario: CONCELLO DE PORTO DO SON
Obxecto: Limpeza de praias marítimas Porto do Son 2021
29.591,83 €
Beneficiario: CONCELLO DE RIANXO
Obxecto: LIMPEZA DE PRAIAS- ANUALIDADE 2021
22.116,00 €
Beneficiario: CONCELLO DE RIBEIRA
Obxecto: LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS DO CONCELLO DE RIBEIRA 2021
27.722,87 €
Beneficiario: CONCELLO DE SADA
Obxecto: Limpeza de praias
23.984,96 €
Beneficiario: CONCELLO DE VALDOVIÑO
Obxecto: LIMPEZA DE PRAIAS ANUALIDADE 2021
29.591,83 €
Beneficiario: CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL
Obxecto: CONTRATACIÓN PERSOAL LIMPEZA DE PRAIAS 2021 (CONDICIONADA)
23.361,97 €

Total: 900.000

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.