A Deputación financia a contratación de técnicos de deportes en 69 concellos da Coruña

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, destaca que programa xera emprego e facilita que os municipios coruñeses poidan desenvolver programacións deportivas de carácter estable

O Boletín Oficial da Provincia publicou onte a  concesión definitiva das axudas que concede a Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico deportivo nos concellos da provincia. Este ano, sesenta e nove concellos contratarán ou manterán no seu cadro de persoal a técnicos deportivos municipais grazas ao apoio económico da Deputación, que achega un total de 905.000 euros para financiar este programa.

A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, destacou que estas axudas “ademáis de contribuír á xeración de emprego na provincia, permitindo a contratación de 69 persoas durante un período dun ano, facilitan tamén que os municipios coruñeses poidan desenvolver programacións deportivas de carácter estable e fomentar o deporte e a actividade física entre a poboación, especialmente nenos e maiores”.

A Deputación financia ata o 80% dos custes salariais (soldo e Seguridade Social) do persoal técnico deportivo contratado durante un ano, cunha achega máxima de 15.000 euros para aqueles municipios que optan pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte que traballe a xornada completa. Os concellos poden contratar tamén técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas e facelo a xornada completa ou media xornada, aboando sempre o 20% restante do salario.

Ver BOP

Comarca de Santiago

CONCELLO ACHEGA
A Baña 7.500
Ames 15.000
Boimorto 15.000
Boqueixón 10.000
Dodro 15.000
Frades 10.000
Melide 10.000
Mesía 15.000
Ordes 15.000
Oroso 10.000
Padrón 15.000
Rois 15.000
Santiso 15.000
Teo 15.000
Toques 15.000
Tordoia 15.000
Touro 15.000
Trazo 15.000
Val do Dubra 10.000
Vedra 15.000
O Pino 15.000
Total 282.500

Comarca da Coruña e As Mariñas

CONCELLO ACHEGA
Abegondo 10.000
Aranga 15.000
Arteixo 15.000
Betanzos   7.500
Cambre 15.000
Carral 15.000
Culleredo 15.000
Irixoa 10.000
Oleiros 15.000
Oza-Cesuras 10.000
Sada 10.000
Sobrado 15.000
Vilasantar 10.000
Total 162.500

Comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal

CONCELLO ACHEGA
As Pontes 15.000
Ares 15.000
Cariño 15.000
Cedeira   5.000
Fene 15.000
Mañón 10.000
Moeche 10.000
Monfero 10.000
Mugardos 15.000
Pontedeume 15.000
Valdoviño 10.000
Vilarmaior 15.000
Total 150.000

Comarca de Bergantiños – Costa da Morte

CONCELLO ACHEGA
Camariñas 15.000
Carballo 15.000
Cee 15.000
Corcubión 15.000
Coristanco 10.000
Dumbría 10.000
Fisterra 10.000
Laxe 15.000
Malpica 15.000
Muxía 10.000
Ponteceso 15.000
Vimianzo 15.000
Zas 10.000
Total 170.000

Comarca do Barbanza

CONCELLO ACHEGA
A Pobra 15.000
Boiro 15.000
Carnota 15.000
Lousame 15.000
Mazaricos 15.000
Muros 15.000
Outes 10.000
Porto do Son 10.000
Rianxo 15.000
Ribeira 15.000
Total 140.000
 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *