A rehabilitación da pasarela do Hospital Materno Infantil xa é unha realidade

As inspeccións realizadas no inicio do contrato constataron que esta estrutura se atopa nun estado moi deficiente

O Concello da Coruña comezou estes días cos traballos previos ás obras de rehabilitación da pasarela do Hospital Teresa Herrera Materno Infantil. Esta primeira fase da actuación estenderase até o mércores da semana que vén, polo que se producirán cortes puntuais que impedirán o tránsito das e dos peóns e mais se pecharán os carrís adxacentes á medianeira, na avenida da Pasaxe para a colocación dun guindastre cesta.

A reforma inclúese dentro do contrato de mantemento, conservación e reparación das pasarelas peonís e pontes que se cruzan a pé e que están comprendidas dentro do termo municipal. O Goberno de Inés Rey pretende mellorar todos estes pasos peonís co fin de crear unha cidade amable que se poida transitar a pé. Aposta así pola mobilidade branda e por materializar un plan, Coruña camiña, en que a veciñanza sexa protagonista absoluta.

Neste aspecto, as inspeccións realizadas desde o inicio deste contrato se determinou que a estrutura se encontraba nun estado moi deficiente e que era preciso actuar. Estes traballos previos servirán para avaliar con criterios técnicos e mediante ensaios “in situ” o alcance das futuras obras para a súa posterior rehabilitación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.