A UDC reúne mañá aos seus Deportistas de Alto Nivel que estudan nos campus nun encontro na Facultade de Educación

O reitor, Julio Abalde, clausurará o encontro deste xoves ás 13:30 horas no salón de actos da facultade de Elviña. Preto de 70 deportistas de alto nivel estudan nos campus coruñeses e ferroláns este curso

A vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deportes, Cristina López, e a directora de Deportes da Universidade da Coruña, Marta Bobo, organizan mañá, xoves 29 de abril, o primeiro encontro cos Deportistas de Alto Nivel da UDC no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación, ás 13:00 horas.

O encontro DAN-UDC, que clausurará o reitor, Julio Abalde, ás 13:30 horas, servirá para avanzar na elaboración dunha normativa específica que recolla as peculiaridades deste alumnado. A Universidade da Coruña conta este curso con preto de 70 estudantes deportistas de alto nivel que compiten en disciplinas como tiro con arco, vela, piragüismo, atletismo, judo, natación, rugbi feminino ou fútbol feminino nas ligas nacionais, entre moitos outros deportes. Este alumnado está a realizar estudos de Fisioterapia, ADE, Economía, Deseño Industrial, Dereito, diversas enxeñarías ou Ciencias do Deporte e da Actividade Física, por citar algunhas titulacións.

A UDC contempla unha serie de medidas para facilitar a este alumnado a conciliación do deporte e o estudo, como facilidades horarias, flexibilidade co calendario de exames ou un cupo de matrícula no acceso aos graos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.