A Vila de Noia recibe o I Memorial Alejandro Gómez

Corenta e cinco especialistas daranse cita esta fin de semana nas pistas de atletismo de Noia para disputar o Campionato de Galicia dos 10.000 m. e 5.000 Sub18 e Sub20. que desde este mesmo ano levará o nome de Memorial Alejandro Gómez en recoñecemento do recentemente falecido atleta olímpico pontevedrés.

Ante a ausencia dos grandes especialistas de ambos sexos, boa parte dos cales estarán atendendo aos intereses dos seus respectivos equipos na primeira xornada do Campionato Nacional de Liga, as opcións estarán bastante abertas.

Entre a relación de participantes atópase Esteban Iglesias do Lucus Caixa Rural quen lograba o subcampionato galego na última edición disputada no ano 2019 en Marín. Xunto a o actual subcampión estarán tamén sobre o sintético Kevin Darriba Corral do Lucus Caixa Rural, prata Sub20 na última edición e José Carlos Ferreira do Veteranos de Samil quen defenderá o título de campión galego máster45.

O Campión de España Máster de media marathon no 2019 Jorge Crespo do Atletismo Sar, así como o atleta do ADAS Proinor Iván Roade, serán outros dos participantes a ter en conta neste campionato.

Na categoría femenina ca baixa de última hora da lucense Marta Casanova do ADAS Proinor, novamente será a máster Soledad Castro Soliño do Comesaña S.C. quen asuma protagonismo na proba. A internacional máster, múltiple campioa de España e de Galicia, conta no seu haber con importantes resultados internacionais entre os que destacan por citar só algúns, os do Campionato de Europa nos 5.000 m. e nos 10.000 m. no ano 2002 ou a do título de Campioa do Mundo de 10.000 m. e subcampioa de 5.000 m. e de campo a través no ano 2003.

Xunto ela tomará parte outra lenda do noso deporte, a olímpica en Atlanta-96 Julia Vaquero. De igual modo quen fora bronce no campionato nacional de marathon no ano 2011 Yolanda Gutiérrez do Coruña Comarca, formará parte dese grupo de participantes.

A retransmisión do campionato, que dará comezo ás 10.30 horas para rematar sobre as 13.40 h., poderase seguir en directo a través da canle youtube da FGA.

Homenaxe a Polo Rey

Aproveitando este campionato, a Federación Galega de Atletismo homenaxeará a quen fora gran impulsor e dinamizador do atletismo na Vila de Noia, Hipólito Rey, falecido recentemente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.