Adxudicada a poda de árbores ao longo de 8 quilómetros de estradas provinciais en Cambre, Sada e Oleiros

As tarefas levaranse na DP-1702 de Cambre á Rocha e na DP-5812 de Meirás a Santa Cruz

A Deputación da Coruña adxudica por 74.756,22 euros a poda de árbores nas estradas provinciais DP-1702 de Cambre á Rocha (Cambre) e DP-5812 de Meirás (Sada) a Santa Cruz (Oleiros).

Os traballos de mantemento dos arboredos sitos nas marxes das estradas próximas a núcleos de poboación é imprescindible para garantir a seguridade da zona e facilitar a convivencia do tráfico rodado e peonil coas árbores.

As actuacións incluirán a tala de aqueles exemplares irrecuperables que supoñen un risco ao poder caerse de forma parcial ou total, e a poda dos que precisen saneamento ou que ocasionen problemas nos cables electrónicos e telefónicos, no tráfico ou nas vivendas cercanas.

As tarefas realizaranse na DP-1702 de Cambre á Rocha, nun tramo de 3.050 metros que conta con 153 árbores, e na DP-8512 de Meirás ao porto de Santa Cruz, 5.140 metros poboados por 240 exemplares. En ambos casos a especie arbórea predominante é o plátano.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.