Amigos da República presenta o programa de actos en conmemoración da República

Tras un ano 2020 marcado pola pandemia da Covid19, Amigos da República retoma a actividade para a conmemoración da República neste ano 2021 e presenta o programa que terá lugar os vindeiros 14, 16 e 18 de abril

Un ano máis Amigos da República presenta o cartel deseñado por Baldomero Moreiras e acompañado dos actos previstos para este 2021 que arrancan coa conferencia e presentación do libro “Irmandiñas e Republicanas” de Aurora Marco, ensaísta e activista pola Memoria que fixo unha labor de investigación coa que afondou na historia e na posterior visibilización do papel que as mulleres desenvolveron na resistencia antifranquista en Galicia. A presentación será conducida por Marisa Padrón membro de Amigos da República.

Este ano 2021 quixemos tamén abordar a actividade que se está a desenvolver na provincia de Ourense a través dos colectivos activos pola Recuperación e difusión da Memoria Histórica así como a perspectiva de futuro nesta materia. Para elo temos prevista unha mesa redonda “Memoria Histórica, Memoria Democrática: Dende Ourense (Presente e futuro)”  na que contaremos con colectivos da provincia. A mesa estará moderada por David Simón, presidente de Amigos da República.

O domingo terá lugar no monumento funerario do cemiterio de San Francisco, a tradicional homenaxe ás republicanas e republicanos asasinados polo franquismo, concretamente nese lugar de lembranza repousan os restos das 141 persoas asasinadas.

As actividades que terán lugar no Salón de Actos do Liceo de Ourense, contarán con aforo limitado e cumprimento das medidas sanitarias establecidas, e terán lugar no Salón de actos do Liceo de Ourense.

  • Mércores, 14 abril / 20h00 Salón de Actos do Liceo de Ourense

Conferencia e presentación do libro “Irmandiñas e republicanas” por parte da autora Aurora Marco.

  • Venres, 16 abril / 20h00 Salón de Actos do Liceo de Ourense

Mesa redonda “Memoria Histórica, Memoria Democrática: Dende Ourense (Presente e futuro)” para a que contaremos con:

  • Pablo Sánchez do Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia.
  • Carlos Morais do Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia.
  • Damián Domínguez da Asociación Recuperación Memoria Histórica Ourense.
  • Domingo 18 abril / 12h00 monumento funerario do cemiterio de San Francisco. Homenaxe ás republicanos represaliadas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.