“Arrieros somos”, a serie-documental de Rubén Riós, chega este venres á terra natal do actor, Riós

A primeiros do ano o director Rubén Riós deixouse ver polas Ventas da Barreira da man de Eladio e Marina. Unha parella unida cun amor que comezou na adolescencia e continúa despois de máis de 70 anos.
O cineasta plasmou en imaxes a vida e os testemuños do amor que se procesa esta parella. Mariña cóntanos que soamente pide saúde para gozar da compañía de Eladio, un cesteiro de 95 anos de idade namorado da xente que traballa por Galicia.
A rodaxe levada a cabo en diversos puntos do Concello de Riós deixa ver as marabillosas e fermosas paraxes Das Ventas da Barreira e a Serra da Urdideira entre outros.
A serie-documental aposta pola sabiduría e experiencia das xeracións anteriores,xa que o seu traballo e as suas vivenzas foron fundamentais para construir un mundo mellor.
Un proxecto audiovisual que, según o seu propio director, non só pretende entreter senon que o longo dos doce capítulos dos que consta esta primeira tempada, quere empoderar as nosas xentes. A esas persoas, que pola velocidade que vivimos no día a día, non escoitamos tanto… ou non queremos escoitar. E que nesta pandemia se converteron nun dos colectivos máis golpeados.
O capítulo que emitirase na Canle de Orgullo Galego o venres ás 21:00h deixará ver o segredo dun amor lonxevoque se recicla día a día.
Este traballo puidose levar a cabo grazas ao Concello de riós e a aposta da empresa Xadigal, patrocinadora oficial dos doce capítulos desta serie documental.
Sen dúbida este será un capítulo adicado ao amor, a humildade e ao cariño entre as persoas.

Foto Arquivo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.