CCOO. Acto de homenaxe aos traballador@s esenciais de Pontevedra

Coincidindo coa celebración do 1º de Maio, CC.OO. celebrará un acto público de homenaxe a traballador@s de colectivos esenciais perante a pandemia,  que terá lugar o 1 de maio ás 11,30 horas diante da entrada principal do Hospital Provincial.

O acto consistirá na entrega dun agasallo  a unha traballadora do Hospital Montecelo, unha traballadora do servizo de limpeza do Hospital Montecelo, unha traballadora do SAF do concello de Pontevedra, unha traballadora do sector do comercio de alimentación, unha traballadora da industria alimentaria, unha traballadora da industria do papel e un Policia Local de Marín.

«Con este acto , que se concreta en traballadoras que estiveron na primeira liña de intervención contra a pandemia, a U.C. de  CC.OO. de Pontevedra pretendemos render homenaxe ao conxunto dos traballador@s da nosa Comarca, e moi especialmente a aqueles que tiveron que permanecer nos seus postos de traballo, inclusive nas situacions de confinamento, para garantir a atención e os subministros mais básicos ao conxunto da cidadanía».

Rematado o acto, ás 12 horas terá lugar a manifestación conxunta coa UGT, que se iniciará neste mesmo lugar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.