Ciudadanos presenta ao pleno un Plan de reciclaxe incentivado que «axude a Lugo a achegarse os estándares europeos»

La portavoz de Cs, Olga Louzao, destacou que Lugo, é a segunda cidade galega que menos recicla, mentres a media galega está cerca dos 40 quilogramos por habitante, na nosa cidade non se chega ao 30% do obxectivo

A voceira municipal de Cs, Olga Louzao, anunciou esta mañá que o seu grupo propoñerá ao pleno un sistema de reciclaxe incentivado para inverter a preocupante tendencia do municipio nesta materia. “Galicia é a terceira comunidade autónoma na que se recolleron menos cantidade de residuos per cápita, pero a reutilización dos que se xeran non chega ao 20%. No caso particular de Lugo, é a segunda cidade galega que menos recicla; a media galega está cerca dos 40 quilogramos por habitante,e na nosa cidade non se chega ao 30%. Polo que aínda estamos moi lonxe de acadar o esixido pola Unión Europea”, apuntou.

Un sistema de reciclaxe incentivado ben planificado axudaría de xeito considerable á diminución de residuos e a cumprir cos obxectivos propostos da recollida selectiva, colaborado positivamente co sector da xestión de residuos, obtendo así unhas mellores cifras na taxa de reciclaxe e tamén unha maior limpeza de rúas e espazos públicos”, considera a concelleira que espera que o Goberno local abandono a súa habitual posición negacionista para considerar unha proposta que só persegue o ben común e a calidade medioambiental do noso municipio.

Segundo datos do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, o 44% dos envases seguen sen chegar os vertedoiros, sobre todo, os das bebidas. E para o ano 2029, deberán recollerse ao menos o 90% das botellas en circulación. “Son moitas e variadas as iniciativas postas en marcha noutros países e tamén en cidades do noso país, coas que se amosa que incentivar por reciclar correctamente incrementa a porcentaxe de recuperación, obtendo niveis de reciclaxe moi por riba dos que temos na actualidade”, dixo.

“Non hai sociedade nin economía viable sen o respecto e o coidado do medio ambiente, polo que o papel activo das administracións locais é primordial. Un dos grandes obxectivos da economía circular é reducir ao máximo a xeración de residuos, o que implica modificar os hábitos e os comportamentos dos cidadáns. Os concellos deben investir esforzos en reducir o volume de residuos no seu entorno inmediato, contribuíndo así a protección da biodiversidade. Aspecto tamén fundamental para cumprir coa estratexia xeral europea respecto a que Lugo non pode quedarse atrás”, concluíu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.