COGAMI imparte en Lugo un curso de alfabetización dixital no que participan oito persoas

Financiado por COCEMFE e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, este curso pretende ensinar os conceptos básicos da informática e achegar a tecnoloxía a todas as persoas

COGAMI pon en marcha un curso de Alfabetización Dixital nas instalacións que ten en Lugo (Rúa da Luz, nº4) no que se están a formar 8 persoas con discapacidade, 3 mulleres e 5 homes, todas elas co certificado de discapacidade ou de incapacidade laboral para a profesión habitual.

Financiado COCEMFE e o Ministerio de Educación e Formación Profesional e enmarcado dentro do proxecto “Atención educativa de persoas con discapacidade adultas que presentan necesidades educativas específicas 2021”, este curso pretende dotar de habilidades no manexo das tecnoloxías informáticas para poder desenvolverse con elas na vida diaria e poder lograr novas oportunidades sociais e laborais.

Cunha duración de 85 horas lectivas, impartidas de luns a venres en horario de 9:30h a 13:35 h., o alumnado, que procede dos concellos de Lugo e O Corgo, terá que familiarizarse con contidos relacionados con Windows, Internet, Microsoft Word e Excel.

Con formacións como esta, COGAMI contribúe na preparación e cualificación de persoas con discapacidade desempregadas, pretendendo mellorar as súas posibilidades no mercado laboral, como así amosan os datos do ano pasado que reflicten que o 35% das persoas que se formaron con COGAMI, lograron atopar traballo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.