Continúa a mostra de oficios ao vivo, Artesanía Viva, na praza da Soidade de Lugo

A mostra, organizada pola área de Cultura en colaboración con Traxandaina, estará todos os sábados entre as 11 e as 20 horas

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitou xunto coa edil de Participación, Cristina López, a mostra de artesanía Artesania Viva, organizada pola área de Cultura xunto con Traxandaina. Maite Ferreiro explicou que “estamos a optimizar o uso da carpa situada na Praza da Soidade que acollerá durante os sábados de abril unha mostra que nos permitirá lembrar os oficios que se podían atopar nas feiras e festas de comezos do século XX”.

A moistra Artesanía Viva terá lugar os sábados de abril, entre as 11 e as 20 horas, e cada día contará cun grupo de artesáns.  “Queremos aproveitar estas datas nas que se celebran os días europeos da artesanía para contribuír na visibilización de estas disciplinas que contribúen, sen  dúbida, a incrementar o noso patrimonio cultural” declarou Maite Ferreiro.

O programa xeral da mostra de artesanía contempla os seguintes artesáns: día 3 de abril mostra de Luís Tordea (cadeiras), Fernando Reboredo (follalateiro) e Bolboreta Fiandeira (fiado de liño e lá). Para o sábado 10, contarase con Alberto Uria (ecomuseo) e Marga Portomeñe (mostra de cabezudos). O sábado 17 contarase con Xalgarete (cianotipias en tela), Xosé Darriba (escultura) e Miguel Mosquera(pito pastoril). Pecharán a mostra o sábado 24 os luthieres Xermán Arias (corda), Xaneco (percusión) e Lis (gaitas).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.