Convocada unha nova concentración en Monterroso en contra da privatización do SAF

A CIG convoca unha Concentración en Monterroso para o vindeiro martes 27 de Abril ás 20:30 horas diante da casa do Concello, en contra da decisión do goberno municipal de privatizar o Servizo de Axuda no Fogar. Dita Concentración coincide coa data e hora de celebración do Pleno Municipal onde os grupos da oposición municipal presentan mocións en contra da privatización

“Desde a CIG queremos agardecer aos grupos municipais da oposición o apoio en contra da decisión do goberno municipal de privatización do servizo” declaran dende o sindicato.

Por outra banda, e diante dunha nota publicada nun medio escrito da provincia esta semana, onde o Concello acusaba á CIG de manipulación sindical pola entrega de sinaturas, “desde a  CIG reafirmamonos en que se recolleron e entregaron no Concello mais de 1900 sinaturas, sendo certo que existen sinaturas de persoas doutros concellos, maioritariamente da contorna de Monterroso, e que as sinaturas de persoas de Monterroso superan moito o dato que deu o Concello, posto que superan o millar”.

“Por moito que desde o goberno municipal intenten maquear estadísticas, a oposición á ptivatización do SAF entre a poboación de Monterroso é clara e manifesta, e a ilexitimidade en termos democráticos da mesma tamén, posto que só o PP, levaba no programa electoral a privatización do servizo”.

“Pobres son os argumentos do goberno municipal cando se teñen que refuxiar en que este servizo está privatizado en moitos concellos, sendo certo esto, mais sendo indiscutible a precariedade laboral  existente neste colectivo, cunhas condicións salariais e laborais de absoluta precariedade, froito consecuencia da xestión dun servizo público de atención ás persoas xestionado por empresas privadas. Xustamente, o feito de que sexa un servizo privatizado nun importante número de concellos é o que nos amosa o erro deste modelo de xestión privatizado en termos laborais e de calidade do servizo”.

Desde a CIG continuan a manifestar o “absoluto rexeitamento” a esta medida do goberno municipal, e continuaran as mobilizacions en contra da mesma, “porque defendemos os servizos públicos, e defendemos que os servizos de4 atención ás persoas non poden estar xestionado nunha lóxica comercial de beneficio empresarial”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *