Demandan melloras para as pistas polideportivas do Temple

Veciños e veciñas trasladan o seu malestar tras o anuncio das pistas deportivas nas que o Concello vai realizar mantementos, sen que se destine ningún investimento para as situadas Temple, cando as instalacións desta parroquia son das máis empregadas de todo o municipio. E ambas presentan mal estado e deterioro despois de anos sen mantementos

“Os mantementos son case nulos dende a súa instalación, polo que o firme presenta deterioro nas xuntas e gretas, as redes de portarías e canastras están en moi mal estado, os peches das instalacións tamén presentan deficiencias. Pouco máis que repintar as portarías e cambiar as redes foi o que se lles fixo nos últimos anos”.

Alternativa dos Veciños traslada a demanda veciñal e esixirá na sesión plenaria que se proceda mantemento das pistas no presente ano.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.