Denuncian a carencia de servizos bancarios en Guísamo

Alternativa dos Veciños de Bergondo convida a calquera entidade bancaria que poida estar interesada a que estude a posibilidade de encher o oco que o Banco Santander vai deixar en Guísamo

“Entendemos que a pesar da pouca ou nula predisposición que amosan hoxe as entidades bancarias para a apertura de novas sucursais tamén cremos que Bergondo -e particularmente Guísamo- ten o suficiente músculo económico como para manter aberta unha sucursal bancaria en Guísamo. Situación que ten sido así dende onde alcanza a memoria e ata a actualidade. A isto súmase o feito de que moitos clientes do Santander xa teñen manifestado a súa intención de cancelar as súas contas co banco que abandona Guísamo e, xa que logo, son potenciais clientes doutras entidades financeiras proclives a ter máis en conta as necesidades das persoas”.

Por outra banda, dende Alternativa dos Veciños, queren animar á veciñanza a participar nunha nova protesta convocada para o vindeiro venres 23 de abril. “Non só para manifestar contrariedade coa decisión adoptada polo banco da Señora Botín, senón tamén para amosar o apoio cos traballadores e traballadores da sucursal” declaran dende a formación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.