Denuncian a desaparición de varios niños de cegoña en Chantada (Lugo)

As asociacións ecoloxistas Amigos das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción puderon censar o pasado ano un total de 46 niños de cegoña branca no concello lucense de chantada. Estando un 78% deles sobre torres do tendido eléctrico de rodean Chantada, e un 1% sobre tellados de vivendas do centro urbano da vila.
Segundo ambas organización xa durante a realización do censo de 2020 se detectaron diversos artiluxios nos tellados con fin de evitala nidificación desta especie protexida. Comenzado o Censo deste ano 2021, xa na primeira visita os ecoloxistas constataron o incremento de estos «artiluxios anti-cegoñas» non homologados de construcción caseira, moi perigosos a simple vista, e sinalan que incluso algún poderia estar electrificado.
Amigos das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción alertan que este tipo de artiluxios anti-cegoñas carecen de homologación e poden resultar lesivos e mesmos mortais para as cegoñas brancas e outras aves.
Ambas asociacións denunciaron ante as autoridades a proliferación deste tipo de perigosos artefactos e a desaparición dalgún dos niños localizados na pasada tempada, feitos que descubriron co inicio do novo censo da especie para 2021. Destacan que este tipo de artefactos son ilegais e a súa colocación e retirada de niños sen permiso das atoridades poden ser constitutivos de delito e polo tanto instan ás autoridades a intervir.
As organizacións ecoloxistas apelan á sociedade chantadina, ao concello de Chantada e ao resto de autoridades a avogar pola convivencia pacífica coas cegoñas e a aportar axuda especializada no caso de ter problemas graves con algún dos niños. Ambas organizacións se poñen á disposición de quen o precise a tal fin con tal de conseguir que a convivencia das cegoñas co ser humano non resulte letal para as aves nin molesta para ninguén.
Así dende o ecoloxismo agardan que a presente tempada de reproducción acade o éxito da enterior cando 112 polos de cegoña voaron con éxito dende os niños desta especie situados na zona, cunhan niñadas de entre 4 e 5  polos por niño, feito que indica a riqueza do hábitat que circunda a vila.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.