Despois de 60 anos, Mera regresa a un campionato de España de bateis

O Centro Deportivo Mariñeiro de Mera, co 5º posto acadado a pasada fin de semana no Campionato Galego, conseguiu a clasificación para o Campionato de España de bateis que se celebra este sábado e domingo en Meira (Moaña). Desta maneira, a localidade de Mera volverá estar representada nesta competición reservada ás 10 mellores tripulacións de toda España 60 anos despois de que o club meracho predecesor do actual, Parameiras, participase neste campionato (Portugalete, 1961).

O equipo que adestra David Fernández está a conseguir uns resultados inimaxinables, froito da magnífica dirección do técnico e do extraordinario esforzo realizado polos remeiros día tras días. Malia as enormes diferencias existentes a todos os niveis entre os clubs rivais e o Mariñeiro de Mera, a tripulación meracha está a amosar que pode competir contra os mellores.

O LXXVIII Campionato de España de bateis celébrase os vindeiros 24 e 25 de abril en Meira. O sábado a partir das 16 horas dispútanse as semifinais. O domingo a partir das 10 horas as finais de consolación e ás 11:30 horas finais polo Campionato.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.