Elena Candia: “Somos a alternativa ao desgoberno de Lugo, que acusa unha profunda crise”

Hoxe  Elena Candia mantivo unha reunión coa agrupación lucense na sede do Partido, e coa que deu continuidade á rolda de contactos que está a levar a cabo coas agrupacións para coñecer de primeira man as súas necesidades e recoller as súas propostas para trasladalas ás distintas administracións.

A lider provincial manifestou a súa preocupación “pola tremenda desorganización e falta de liderado” dos gobernantes locais. Tal é así que, dixo, “non podemos escatimar en esforzos”. “O noso obxectivo, engadiu, ten que ser gobernar o Concello para evitar que os lucenses sexan sempre os que pagan as desavenencias dos duetos que forman socialistas e nacionalistas”.

“Por si sós non son capaces de gobernar e por iso se apoian, pero é un falso apoio, xa que logo cada un vai polo seu lado. Pasou no pasado e está pasando no presente. Neste sentido, non fallan”. Por iso, a líder do PP destacou: “é necesario o cambio na Praza Maior, como tamén o é en San Marcos”, xa que, “onde estiveron e están o PSOE e o BNG para reclamar servizos para Lugo?

A cidade cada vez está perdendo máis prestacións e fronte a isto a alcaldesa, Lara Méndez, póñense de perfil, non vaia a ser que se incomoden en Madrid…”. Pola contra, sinalou, “nós debémonos a Lugo, nada máis”.

O PP, o altavoz dos lucenses

De feito, puntualizou, “así o trasladamos onde temos representación, levando medidas e propostas que supoñan máis inversión na cidade e na provincia”. Como exemplo, Candia citou a reconversión que experimentará o barrio da Residencia coa construción do centro integral de Saúde;as construcións do auditorio e do novo colexio do Sagrado Corazón; a ampliación do polígono das Gándaras; a instalación de hemodinámica 24 horas no Hula; a creación da nova facultade de Maxisterio no Campus, destinando o inmoble actual a un novo instituto; ou as obras de mantemento da Muralla e de mellora na Catedral. En total, nos últimos tres anos, o Goberno de Feijóo investiu case 84 millóns de euros en Lugo.

Reunións sobre urbanismo

Ramón Carballo, adiantou que o PP manterá contactos cos sectores afectados pola crise en urbanismo agravada polas declaracións de Couto e proporalles unha auditoría externa e independente para optimizar os procesos de xestión de urbanismo

O grupo municipal está a manter encontros cos colectivos afectados pola crise do urbanismo no Concello de Lugo. A complicada situación que se vive neste departamento, e que afecta a centros de lucenses, quedou certificada coa marcha do concelleiro de urbanismo Miguel Couto quen declarou públicamente os graves problemas de funcionamento deste servizo.

Ramón Carballo explicou que na próxima semana reuniránse cos responsables da APEC, da CEL, do Colexio de Arquitectos e dos aparelladores, entre outros. Vailles trasladar a súa proposta para mellorar o funcionamento do departamento de urbanismo e arquitectura, de facer unha auditoría externa independente. “Queremos que esta acción sirva como ferramenta para cumprir obxetivos e optimizar os procesos de xestión xa que non é de recibo que un veciño teña que agardar un ano por unha licenza de obra na zona urbana ou dous anos na zona rural”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.