Este martes comezan as actividades previstas polo Centrad para celebrar os Días Europeos da Artesanía

As actividades programadas polo Centro de Artesanía e Deseño de Lugo para celebrar os Días Europeos da Artesanía comezan este martes

A carón da porta de entrada do centro, na rúa Chantada, Carola Carrot ocuparase da elaboración dun mural de esgrafiado, unha técnica baseada na superposición de capas de morteiro de cal de distintas tonalidades e texturas.

As persoas interesadas podense achegar durante esta semana ata o recinto para seguir a evolución dos traballlos realizados pola artista,  especializada nesta técnica de revestimento  empregada en todo tipo de construcións tradicionais cunha función estética e illante.

O mural realizarase nun muro de formigón fronte á porta de entrada do Centrad polo que, ademais dunha experiencia formativa e didáctica, a intervención suporá unha renovación e mellora do recinto.

Os obradoiros de cestería, ao completo

Este martes tamén se poñen en marcha os obradoiros previstos no centro de cestería do Río Rato durante toda a semana, a cargo de Lola Tourón, Carmen Fieiras e Idoia Cuesta, que amosarán diferentes técnicas ás persoas inscritas nos talleres, coas prazas completas.

Martes – Restauración de celosías de vimbio vivo (Lola Tourón)

Mércores – Iniciación á cestería de medula (Carmen Fieiras)

Xoves – Estruturas xeométricas coa técnica niño (Lola Tourón)

Venres – Bandexa de vimbio (Idoia Cuesta)

Sábado – Bandexa de medula de nó celta (Carmen Fieiras)

Domingo – Iniciación á cestería de varas (Carmen Fieiras)

Días Europeos da Artesanía

Con estas propostas, o Centro de Artesanía de Deseño súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía, que se celebran do 6 ao 11 de abril de forma simultánea en vinte países.  (INMA) desde 2002, e que este ano se celebra de forma simultánea en 20 países.

O obxectivo das xornadas é achegar o traballo artesán ao público, para difundir a súa riqueza e singularidade. A iniciativa, promovida en España pola Fundación Española para la Innovación de la Artesanía (Fundesarte), é coordinada en Galicia pola Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.