Gómez Reino: «A connivencia de Feijóo con Ence pon en risco a saúde»

Unidas Podemos insta ao Ministerio de Transición Ecolóxica a intervir axiña para determinar as responsabilidades dos verquidos tóxicos

“A intricada connivencia da Xunta do PP de Feijóo con Ence está a pór en risco severo a saúde das galegas e dos galegos”.

Con esta contundencia, o deputado Antón Gómez Reino denunciaba hoxe no Congreso as verteduras tóxicas por mercurio á ría de Pontevedra e instaba ao Goberno a intervir con urxencia para esclarecer os feitos e determinar as responsabilidades por este grave episodio ambiental na ría de Pontevedra que tería efectos graves sobre a sáude de veciñas e traballadores.

O grupo confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común vén de rexistrar hoxe una iniciativa parlamentar para instar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica a intervir de inmediato no esclarecemento dos feitos a fin de determinar as responsabilidades tanto da Xunta de Galicia como de Ence nos verquidos.

No escrito, instamos as Administracións a tomar medidas urxentes tanto para conter as verteduras tóxicas como para minimizar a súa afección sobre a ría de Pontevedra, logo de coñecer o acontecido a través da súa publicación en eldiario.es, con repercusión incertas sobre a saúde das veciñas e veciños, o propio cadro de persoal da factoría de Ence e sobre o ecosistema marino da ría e a calidade das súas augas a presente e futuro”.

Segundo recolle a publicación, a concentración de mercurio das mostras era superior aos 20 mg/kg establecidos no Decreto 60/2009. Unha información da que a Xunta tería coñecemento hai máis de dous anos e que non foi posta en coñecemento público e non se adoptaron as medidas que procedían.

«Os verquidos tóxicos de ELNOSA son responsabilidade de ENCE», sinala Gómez Reino. «Ence foi quen a deseñou e utilizou durante anos a súa actividade productiva. Feijóo, unha vez máis, antepón os intereses privados dunha empresa por riiba da protección ambiental e a saúde dos galegos e galegas», lamentou o deputado galego.

Desde Unidas Podemos lembran que “Ence xa foi condenada por delitos ambientais e que as informacións sobre posibles irregularidades na empresa son tristemente recurrentes polo que agardamos que a Xunta actúe no exercizo das súas responsabilidades para evitar que teñamos que lamentarnos”.

“Asemade, queremos pór en valor o traballo arreo da sociedade civil, organizacións de veciños e colectivos ecoloxistas, que levan anos e anos denunciando o severo impacto ambiental da planta de ENCE na ría do Lérez. Unha denuncias reiteradas que os sucesivos gobernos do PP ignoraron e mesmo ocultaron amosando unha total complicidade cos desmáns de Ence na ría”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.