Gómez Reino pregunta a Interior polo interrogatorio a un xornalista palestino solicitante de protección internacional

O deputado de Unidas Podemos advierte do posible incumprimento da Convención de Xinebra de 1951 e da actual lei de asilo do Estado

Unidas Podemos vén de rexistrar no Congreso dos Deputados unha iniciativa parlamentar na que o grupo confederal inquire ao Goberno polo interrogatorio da Garda Civil ao xornalista palestino, Muath Hamed, solicitante de asilo internacional no Estado español.

O deputado galego Antón Gómez Reino mantivo unha xuntanza en Madrid con Muath Hamed, na que o xornalista lle relatou que o pasado 11 de febreiro foi citado nas dependencias da Garda Civil na rúa Batalla del Salado.

O xornalista palestino, que está en trámites na súa solicitude de protección internacional, accedeu a xuntanza coa vontade de colaborar. Cómpre sinalar, non obstante, que a Garda Civil non teñen competencias nesta materia.

Segundo lles relatou Hamed aos deputados de Unidas Podemos, Gómez Reino e Lucía Dalda, o  funcionario que o guiou polas instalacións da Garda Civil conduciuno a unha sala onde o agardaba unha persoa que se identificou como axente do Estado belga, mais falou en árabe con un marcado acento israelí.

O xornalista amosou a súa contrariedade pola situación  e conta que foi presionado por esta persoa que lle solicitaba información que estaba vinculada coa tramitación do expediente e que foi ameazado con represalias contra el e a súa familia.

«Estes feitos que nos relatou Muath Hamed poderían contravir o estipulado na Convención de Xinebra de 1951 e a vixente lei de asilo no Estado, que garanten a confidencialidade e a protección dos solicitantes de protección internacional fronte aos axentes de persecución como unha obriga básica do Estado».

Ante isto, o grupo confederal Unidas Podemos-En Comú Podem rexistrou unha iniciativa na Cámara Baixa dirixida ao Ministerio do Interior na que inquiere ao departamento de Grande Marlaska se coñecía a presenza do xornalista palestino nas dependencias da Garada Civil en Batalla de Salgado, asi como a identidade do presunto axente belga.

No escrito, Gómez Reino pregunta a Interior ao respecto dos feitos denunciados por Hamed, así como pola aplicación dos protocolos pertinentes de protección ao solicitantes de protección internacional fronte aos axentes de persecución e insta ao esclarecemento e a determinación das responsabilidades dos mesmos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.