Gonzalo Caballero, celebrará o sábado un acto de conmemoración do 40 aniversario do Estatuto de Autonomía

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, celebrará o sábado un acto de conmemoración do 40 aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia, para o cal contará cos expresidentes socialistas da Xunta Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño.

Deste xeito, o PSdeG con Gonzalo Caballero á fronte pon en valor o papel dos socialistas no Estatuto de Autonomía reafirmará o seu “compromiso galeguista e co autogoberno”, o mesmo que levou ao partido a contribuír á elaboración dun texto estatutario “de primeira” para Galicia.

De feito, o PSdeG é o único partido dos que actualmente teñen representación na Cámara que participou na redacción da carta estatutaria de 1981. “Sempre estivemos nos momentos clave defendendo a Galicia cun claro compromiso galeguista e coa autonomía”, resaltou Gonzalo Caballero.

No acto tamén participarán José Vázquez Fouz, representante do PSdeG na chamada Comisión dos 16, a que redactou o texto estatutario; e Margariña Valderrama, membro da executiva do PSdeG naquelas datas.

Ademais, tomarán a palabra Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e Noa Díaz, deputada autónomica e coordinadora do libro ‘A esforzada conquista da autonomía’.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.