H&M pechará a súa tenda de Ourense a pesar de dar beneficios

A marca pretende pechar varias tendas en toda España, algunhas delas en Galicia

Desde a CIG, en calidade de ser a representación legal das traballadoras da empresa en Ourense, denuncian «o salvaxe despedimento colectivo que a multinacional pretende facer a nivel de todo o Estado español, coa pretensión de pechar un total de 32 tendas, destruíndo 742 postos de traballo, e proceder a un número indeterminado de despedimentos noutras 94 tendas».

En Galicia, a pretensión da marca é pechar un centro en Vigo, outro en Ferrol e o da Rúa do Paseo de Ourense, onde na actualidade traballan 18 persoas. «O grave da situación, ademais da destrución de emprego e de representar un novo golpe á xa deteriorada situación laboral e económica da provincia, é que HyM de Ourense da beneficios, polo que o seu peche está absolutamente inxustificado» denuncian.

Desde o anuncio do peche, feito pola empresa á representante sindical da CIG, «xa estamos mantendo contacto coas traballadoras para tentar organizarnos e impedir este atropelo, polo que manteremos tamén conversas coas outras centrais sindicais que teñan representación» declaran dende o sindicato.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.