Lugo acondicionará o aparcadoiro de motos da praza de Ferrol

Rubén Arroxo: “Buscamos optimizar os espazos de aparcamento do centro”

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que nas vindeiras semanas se realizará unha intervención no aparcadoiro de motos da praza de Ferrol, co obxectivo de acondicionalo, evitando así que outro tipo de vehículos fagan uso destas prazas. “Trátase dunha solicitude de moitas persoas que se desprazan ao seu posto de traballo neste tipo de vehículo, e que actualmente non dispoñen de prazas específicas no centro”, explicou Rubén Arroxo.

O Tenente de Alcalde de Lugo destacou as accións postas en marcha pola área de Mobilidade e Infraestruturas para mellorar a circulación dos vehículos de dúas rodas e de persoas con mobilidade reducida. “Levamos adiante unha modificación da ordenanza de circulación para mellorar os pasos de peóns, evitando ao máximo posíbel as zonas esvaradizas”, explicou Rubén Arroxo.

A área de Mobilidade continúa a traballar nunha ordenanza de circulación “completamente renovada”, e que aposte por “medios de transporte alternativos como a bicicleta e o transporte público”. O edil nacionalista explicou que “o obxectivo é que Lugo sexa unha cidade máis ecolóxica e máis amable coas persoas”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.