Máis de 25 emprendedores de Marín formaranse para mellorar a súa dixitalización e sacarlle partido á súa imaxe online

Será da man de Natalia Maquieira, CEO de Paso a Paso Agency e con máis de 10 anos de experiencias como creadora de contido nas redes sociais

Os concelleiros Cristina Acuña e Manuel Santos, acompañados pola secretaria técnica de APE Galicia, Sonia Acuña, e o presidente do colectivo, José Ramón Caldas, así como polo tesoureiro de Acemas, Manuel Solla, presentaron esta mañá a formación que arranca hoxe e que está dirixida a emprendedores e autónomos de Marín.

Será da man da content creator e CEO de Paso a Paso Agency, Natalia Maquieira (@pasoapasoblog), que ten máis de 10 anos de experiencia e está especializada en comunicación dixital para marcas nos sectores de moda, beleza e lifestyle. “Os usuarios pasamos moitas horas ao día en redes sociais. Convertéronse na porta principal para futuros clientes e a ferramenta definitiva de fidelización”, asegura a mestra deste curso.

O obradoiro celebrarase a través de Zoom de 20.30 a 22.30 horas desde hoxe e ao longo do próximo mes. Os inscritos aprenderán a utilizar todas as ferramentas e coñecementos básicos para que a imaxe online do seu negocio mellore notablemente e atraia clientes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.