Marín acollerá un cribado con PCR para persoas de entre 50 e 64 anos a próxima semana

Será no Pavillón da Raña o mércores, xoves e venres en horario de mañá e de tarde. A citación será vía SMS e calcúlase que hai neste tramo cerca de 4.700 persoas.

A alcaldesa, María Ramallo, anunciou este sábado que Marín acollerá un cribado masivo a próxima semana, concretamente, o mércores, o xoves e o venres en horario de mañá e de tarde. Este cribado será con proba PCR e se realizará no Pavillón da Raña.

A franxa de idade convocada ás probas será entre 50 e 64 anos, “que é na que máis incidencia de casos positivos hai neste momento”, informou a rexedora. As persoas convocadas recibirán a súa cita vía SMS, na que se lles indicará o día e a hora á que teñen que acudir ao pavillón deportivo para realizar a PCR. O Sergas calcula que hai sobre 4.700 persoas entre estas idades en Marín.

O obxectivo deste cribado é o de conter o máximo posible a suba de contaxios que se está a producir nos últimos días. Ademais, tamén está activo o cribado masivo con tests de saliva nas farmacias dirixido á rapazada de entre 12 e 17 anos (no caso dos menores de 15 teñen que contar coa autorización dos pais ou titores para a realización da proba).

A alcaldesa chama á participación nestes dous cribados, tanto no dos adolescentes como no da Raña, que, tal e como se explicou irá vía citación por mensaxe ao móbil, “porque é o xeito máis rápido e eficaz que temos de detectar posibles casos asintomáticos e, por tanto, frear posibles cadeas de contaxios que fagan aumentar o número de casos activos”.

Ramallo pediu tamén “moitísima responsabilidade e precaución” á veciñanza en xeral, pedíndolles que cumpran as normas sanitarias vixentes, especialmente no que respecta á hostalaría e ás reunións sociais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.