Marín concede as primeiras 4 licencias para a apertura de furanchos esta tempada

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acompañado do concelleiro Manuel Domingos, acudiron aos furanchos Chámpalle unha gaseosa e A do Currante a facerlle entrega aos seus donos do cartel que identifica que teñen concedida a licencia de apertura

Estes dous son os primeiros de Marín en abrir as súas portas, «e temos previsto que os outros dos aos que xa lles concedemos a licencia abran este venres, un en Pardavila, e o próximo venres, un en Pastoriza».

Tal e como explica o concelleiro, a tempada de furanchos habitualmente vai do 1 de febreiro ao 30 de xuño, pero a situación sanitaria volveu trastocar estes prazos, polo que o Concello habilitará a posibilidade de abrir extraordinariamente no mes de xullo.

Poderán pedir esa prórroga os furanchos que pasada a tempada regular non cumpriran o máximo de 3 meses de apertura continuada que teñen permitido por ordenanza e que aínda teñan excedente para vender.

Novas explica que nos furanchos están activas todas as medidas sanitarias relativas á Covid19 que tamén se aplican á hostalaría. «Por iso, pedimos moitísima precaución e cumprimento das medidas tamén nestes establecementos, porque é o xeito de poder gozar de forma segura da súa apertura, sen poñer en risco a saúde pública».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.