Mera, oitava no Campionato de España de bateis

O Centro Deportivo Mariñeiro de Mera conseguiu a oitava posición no Campionato de España de bateis celebrado esta fin de semana en Meira. A tripulación meracha non conseguiu o pase a gran final e na quenda de consolación conseguiu a terceira praza.

O equipo que adestra David Fernández completou unha extraordinaria tempada de bateis, cun quinto posto no Campionato Galego e esta oitava praza no estatal. Agora, os remeiros merachos continuarán traballando de cara ao principal obxectivo da tempada, a participación na Liga Galega de Traiñeiras que comeza nos mes de xuño. Antes, durante o mes de maio, celebraranse as regatas de traineiriñas, nas que Mera tamén intentará facer o mellor papel posible.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.