O BNG defende que o Estado comprometa recursos propios con Punta Langosteira por se fallan os fondos europeos

A Comisión Especial do Bordo Litoral reuniuse esta mañá no Pazo de María Pita e no seu transcurso a concelleira do BNG Avia Veira defendeu que o Estado comprometa recursos propios para garantir o enlace ferroviario a Punta Langosteira perante a eventualidade de que finalmente non se materializase a concesión dos fondos Next Generation, ao tempo que criticou o Goberno Local pola súa “indefinición” perante a proposta lanzada pola Xunta sobre os peiraos de Batería e Calvo Sotelo

“Analizamos a reunión tripartita do pasado 9 de abril en Compostela. E reiteramos o noso posicionamento: o Goberno do Estado ten que garantir que o enlace ferroviario ao porto exterior vaise facer si ou si, con independencia de que se consigan fondos europeos. É dicir, o Goberno do Estado ten que ter un plan B e o plan B significa provisionar recursos propios para en todo caso asegurar a realización desa obra”, di Avia Veira.

A Comisión tiña como segundo punto da orde do día a análise da proposta da Xunta para crear unha sociedade que xestione os peiraos de Batería e Calvo Sotelo unha vez que fiquen desafectados de usos portuarios. Nesa entidade a Administración autonómica tería unha participación de 51%, co cal disporía do seu control efectivo.

“Incribelmente, o Goberno Local aínda non ten manifestado o seu parecer ao respecto. Tampouco o fixo hoxe. Non emitiu ningunha opinión. Non entendemos esta indefinición”, dixo Veira, quen tamén criticou que a proposta de convenio non se lle fixese chegar aos grupos municipais representados nesta Comisión.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.