O Cole de Cea rende homenaxe aos ‘Mártires de Oseira’

O acto realizarase este xoves, 22 de abril, coincidindo co 112 aniversario do suceso. Durante o acto, inaugurarase no centro unha placa en memoria das vítimas

O alumnado de sexto curso de primaria do Cole de Cea, tras a realización dun proxecto de Educación Patrimonial e, en concreto, sobre patrimonios conflitivos, fixeron un traballo de indagación sobre o baldaquino do Mosteiro de Santa María de Oseira.

Ese tráxico día, sete persoas, entre elas unha muller embarazada e unha nena, faleceron a causa dos disparos da Garda Civil, baixo a orde do seu tenente; outras dúas, morreron nos días sucesivos. O seu delito: defender o baldaquino de madeira que cubria o altar maior, para que non o levaran da parroquia. Esta noticia provocou un gran impacto, incluso a nivel internacional, producíndose revoltas e manifestacións. Tamén foi motivo de disputa no parlamento en Madrid, durante o goberno de Maura.

O baldaquino, foi destruído moitos anos despois; malia iso, quedan dúas pezas no mosteiro restauradas. Tamén se poden apreciar os impactos das balas na fachada da capela que dan testemuño daquel desafortunado suceso.

O alumnado, facendo un exercicio de reflexión, decide que a mellor maneira de intentar reparar os erros acometidos no pasado é seguir mantendo viva a memoria das vítimas. A mellor maneira non é outra que manter viva a súa historia, tecendo un vínculo coas novas xeracións para a conservación do seu patrimonio.

Ademais do acto, publicaranse outros proxectos análogos durante este mes de abril a través das redes sociais como é un vídeo en homenaxe ás vítimas ademais dun programa de radio informando sobre o acontecido, en Radio Roxar, na que o alumnado interpretará unha copla de cego da época que narra a historia do baldaquino.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.